Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os percebeiros galegos poden consultar desde o móbil con antelación as condicións do mar nas súas zonas de traballo

A Xunta lanza a aplicación Percegurú para teléfonos móbiles para facilitar o traballo destes profesionais do mar e axudalos na toma de decisións que aumenten a súa seguridade

A Xunta lanza a aplicación Percegurú para teléfonos móbiles para facilitar o traballo destes profesionais do mar e axudalos na toma de decisións que aumenten a súa seguridade

Fecha: 17 de Agosto de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería do Mar vén de poñer en marcha a aplicación móbil Percegurú, coa que os percebeiros poden consultar desde os seus dispositivos móbiles, con antelación e a calquera hora do día, as condicións do mar en cada zona na que se explota o percebe. O obxectivo desta ferramenta de apoio ao labor destes profesionais é que dispoñan de información básica das condicións oceanográficas e atmosféricas de cada unha das zonas de extracción de percebe, de maneira que lles permita orientar o seu traballo e lles axude na toma de decisións que aumenten a súa seguridade no mar.

Con esta ferramenta a Xunta incrementa as posibilidades de acceso á información das zonas de traballo por parte dos profesionais do mar, pois esta opción súmase á aplicación que existe en formato web desde o ano 2012 e á que se pode acceder no enderezo http://mapas.intecmar.gal/perceguru/ . Esta opción web foi actualizada no 2018, cando se mellorou a súa resolución, se ampliaron os graos de risco de actividade por zona de traballo -había tres e engadiuse un máis- e se pasou a actualizar a información automaticamente, sen interrupción na fin de semana.

Coa aplicación Percegurú calquera percebeiro pode coñecer con tres días de antelación e dunha maneira sinxela información da ondada nas zonas de extracción de percebe, o horario local das mareas; cal vai ser a temperatura ambiente e da auga coa que se van atopar; con que intensidade e en que dirección van soprar os ventos; cal é a forza e o estado do mar e tamén a dirección, frecuencia e altura das ondas.

Precisamente, a altura que acaden as ondas vai ser o factor determinante para reflectir sobre un mapa o grao de risco que pode supoñer a actividade en cada zona, representándoo cunha luz ou semáforo azul se as ondas non superan o metro de altura; verde se as ondas están entre un e dous metros; amarelo, se están entre dous e tres metros; e vermello se superan os tres metros.

Para ver o prognóstico nunha determinada zona é preciso escoller a confraría de pescadores correspondente e a data desexada (predición a tres días). Premendo sobre o punto da costa escollido pode verse información máis detallada sobre as condicións meteorolóxicas (mar de fondo, mar de vento, temperaturas e mareas) no punto elixido.

Toda esta información de predición xérase de forma automática a partir de modelos numéricos e estatísticos de predición meteorolóxica mantidos por MeteoGalicia e o seu postprocesado e visualización é realizado polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Actualízase diariamente e ten como finalidade axudar a estes profesionais do mar a saír a faenar con maior seguridade e de maneira mellor organizada.

A descarga da APP Percegurú, que xa está dispoñible no caso dos dispositivos con sistema operativo Android e que se está ultimando para o caso dos iOS, é moi sinxela e totalmente gratuíta. Tan só hai que premer na tenda correspondente en cada móbil -Play Store no caso de Android e na App Store no de iOS- teclear Percegurú e iniciar a descarga.

A orixe de Percegurú está na aplicación web que naceu no 2012 froito do traballo conxunto entre o Intecmar e MeteoGalicia, sendo a APP desenvolvida dentro do proxecto europeo MarRISK enmarcado no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (Poctep).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones