Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os socialistas de Oia denuncian que o BNG se apropia das súas iniciativas

Os socialistas argumentan que eles si teñen proxecto de futuro para o Concello de Oia, lonxe dun despreocupado PP que non deixa de dar as costas aos seus veciños e veciñas

Os socialistas argumentan que eles si teñen proxecto de futuro para o Concello de Oia, lonxe dun despreocupado PP que non deixa de dar as costas aos seus veciños e veciñas

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Febrero de 2023

Fuente: PSOE de Oia

O PSdeG-PSOE de Oia vén de comprobar agora como en reiteradas ocasións o BNG local se ven apropiando de iniciativas postas en marcha dende fai xa tempo polo PSdeG-PSOE.

Deste xeito observamos como nas súas canles en redes sociais O BNG anuncia recentemente iniciativas coma a moción presentada no pleno de xaneiro sobre “Creación do servizo de baleirado de fosas sépticas e pozos negros”, cando o PSdeG, a través da súa parlamentaria Leticia Gallego, xa presentou esta iniciativa no pleno do parlamento en setembro de 2021, previa a ser presentada tamén no plenario municipal en Oia.

Está claro que en Oia o saneamento é un problema moi preocupante e que afecta a moitos veciños e veciñas de Oia e, lonxe de crear debate co BNG, asegura Gerardo Refojos, “o máis importante é que a Xunta e o Partido Popular aposten polo saneamento en Oia, senón que deixen paso ao PSdeG, que si ten proxecto de futuro para Oia e se preocupa polo ben xeral dos seus veciños e veciñas.”

Leticia Gallego lamenta que o goberno galego non faga “absolutamente nada” para resolver un problema de primeira orde nun Concello atendido por instalacións de tratamento primario que “non serve de nada”.

A parlamentaria socialista Leticia Gallego visitou xa no mes de outubro de 2022 o Concello de Oia, onde mantivo un encontro co portavoz socialista, Gerardo Rodríguez, e membros do grupo municipal socialista, para reclamarlle á Xunta que constrúa de urxencia unha depuradora para frear os constantes vertidos rexistrados no Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí