Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Socialistas de Oia entregan distincións a militantes e simpatizantes

O acto celebrouse no Centro Cultural de Pedornes e contou coa presencia de Valentín Formoso, David Regades, Leticia Gallego, entre outros.

O acto celebrouse no Centro Cultural de Pedornes e contou coa presencia de Valentín Formoso, David Regades, Leticia Gallego, entre outros.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Julio de 2022

Fuente: Socialistas de Oia

Na xornada do pasado sábado día 5 de xullo o Centro Cultural de Pedornes foi o escenario elixido para a realización dun emotivo acto no cal a Agrupación do PSdG-PSOE de Oia fixo un recoñecemento a militantes e simpatizantes cunha longa traxectoria para o partido no municipio.

Neste acto, que arrancaba coas intervencións do concelleiro socialista Américo de Oliveira, púxose de manifesto una vez máis que Oia está no mapa e os Socialistas teñen que recuperar a alcaldía do municipio para recuperar os Servizos que a cidadanía ten perdido ao longo do actual mandato dos populares.

Gerardo Rodríguez, concelleiro e Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Oia, fixo un emotivo discurso no que eloxiou o traballo de todas aquelas persoas que dende os comezos apostaron polo socialismo coma modelo político de cambio e progreso para Oia, recordando aos presentes que para o ano 2023 a alcaldía de Oia regresará aos socialistas ante a falta de proxecto, o inmobilismo e a inacción dos populares.

Continuou a quenda de intervencións en Pedornes con David Regades, Secretario Provincial do PSdG-PSOE, quen puxo de manifesto nas súas palabras o gran apoio co que conta a agrupación local, un apoio que vai a ser a chave do cambio en Oia, dando os parabéns á Agrupación Local polo bo traballo que está facendo dende a oposición.

Valentín Formoso, Secretario Xeral do PSdG-PSOE, indicou na súa intervención que os Socialistas de Oia teñen que voltar a gobernar en Oia, para restablecer a calidade de vida dos veciños e veciñas, mellorar a educación, a sanidade pública e todos os servizos á cidadanía que se viron minguados polo goberno actual dos populares.

Despois da quenda de intervencións se foron entregando as distincións a militantes, simpatizantes e familiares, rematando o acto cunha foto de grupo que puxo o broche de ouro a unha xornada para o recordo para os socialistas de Galicia e para Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí