Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Socialistas de Oia esixen a Portos de Galicia que repare de xeito urxente o pantalán do ferri na Pasaxe

Tamén solicitan unha mellora na sinalética no seu trazado por Oia.

Tamén solicitan unha mellora na sinalética no seu trazado por Oia.

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Marzo de 2022

Fuente: Socialistas de Oia

Os Socialistas de Oia veñen de presentar por rexistro de entrada unha moción para tratar no vindeiro pleno municipal na que se explica a problemática existente para dar continuidade ao Camiño Portugués da Costa no Esteiro do Miño. O pantalán de atraque do ferri que comunica A Guarda e Caminha atópase deteriorado e imposibilita o seu correcto funcionamento dende o ano pasado.

É por este motivo que os Socialistas de Oia esixen a Portos de Galicia unha reparación de carácter urxente desta infraestrutura dependente deste ente autonómico.

Dende os Socialistas de Oia non se comprende como en pleno Ano Xacobeo, e sendo o Concello de Oia unha das etapas principais do Camiño Portugués da Costa, e que achega ao concello uns ingresos económicos estimados en medio millón de euros anuais, converténdoo nun dos principais motores económicos da localidade, atopámonos en que o ferri que une A Guarda e Caminha non está operativo. Esta situación ocasiona problemas aos peregrinos á hora de cruzar o Río Miño, optando moitos por cambiar a súa ruta cara a Valença do Minho ou Vilanova de Cerveira, prexudicando ao Concello de Oia.

Do mesmo xeito os Socialistas de Oia tamén piden nesta moción unha mellora na sinalética existente no trazado do Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo núcleo urbano do municipio, favorecendo que os peregrinos poidan aprovisionarse de víveres, acudir á farmacia ou outros servizos de empresas locais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí