Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os Socialistas de Oia participan na multitudinaria manifestación en defensa da Atención Primaria na Guarda

Nesta manifestación participaron todas as Agrupacións Socialistas Municipais do Baixo Miño e representando ao Concello de Oia estivo presente Gerardo Rodríguez Refojos.

Nesta manifestación participaron todas as Agrupacións Socialistas Municipais do Baixo Miño e representando ao Concello de Oia estivo presente Gerardo Rodríguez Refojos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Diciembre de 2021

Fuente: Socialistas de Oia

Este martes día 21 de decembro de 2021, representantes da Agrupación Municipal Socialista de Oia participaron na multitudinaria manifestación en defensa da Atención Primaria celebrada na Guarda.

Máis dun milleiro de persoas acudiron á convocatoria lanzada dende as diferentes Plataformas en defensa da Sanidade Pública da Comarca do Baixo Miño, respaldada tamén pola Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.

Nesta manifestación participaron todas as Agrupacións Socialistas Municipais do Baixo Miño e representando ao Concello de Oia estivo presente Gerardo Rodríguez Refojos.

Á manifestación acudiu tamén o Secretario Xeral dos Socialistas de Galicia, David Regades, manifestando unha vez máis o apoio do PSdG-PSOE á sanidade pública e de calidade.

A situación do Centro de Saúde de Oia continúa a ser moi precaria, dende o pasado día 1 de decembro os veciños e veciñas do Concello de Oia atópanse novamente cun só médico para atender a todos os pacientes que acoden ao Centro de Saúde e continúan sen servizo de pediatría, situación esta última que, arrastran dende marzo do ano 2020.

Dende o PSdeG de Oia expresamos a nosa máis enérxica repulsa ante esta situación e pedimos aos responsables políticos, alcaldesa e ao Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, que se poña remedio a esta situación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí