Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Socialistas de Tomiño defenden en pleno a creación dun Punto Limpo no municipio

A moción foi rexeitada polo Goberno nacionalista, pese a recoñecer que é unha boa moción

A moción foi rexeitada polo Goberno nacionalista, pese a recoñecer que é unha boa moción

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Noviembre de 2020

Fuente: Socialistas de Tomiño

O pasado xoves, día 12 celebrouse en Tomiño o Pleno Ordinario correspondente ó mes de outubro no que se aprobou por unanimidade a proposta de adicar unha rúa ao escultor Xoán Piñeiro en Goián, localidade onde residía e tiña ó seu estudio. Así como o Regulamento do Consello Municipal da Infancia e Adolescencia do Concello de Tomiño a instancias de UNICEF, que require a aprobación en Sesión Plenaria. 

Tamén foi aprobada por todos os grupos políticos unha Declaración Institucional polo 25N, día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

O grupo Municipal Socialista presentou ó Pleno dúas mocións, unha para a creación dun punto Limpo no Concello de Tomiño, que foi rexeitada polo Goberno nacionalista, pese a recoñecer que é unha boa moción. A voceira socialista, Violeta de Santiago, defendeu a necesidade da implantación dun Punto Limpo para evitar verquidos incontrolados ao longo e ancho do Concello, e tamén lamentou que ao non contar con este servizo, non poidamos acollernos ó proxecto STRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a xestión dos resíduos de aparatos electricos e electrónicos) cofinanciado polo FEDER a través do programa POCTEP para Galicia e norte de Portugal, liderado pola Deputación de Pontevedra. 

A Concelleira Mirta Misa defendeu a moción para as gravacións das Sesións Plenarias que foi aprobada por unanimidade. As socialistas levan todo o mandato pasado así como o que vai deste, solicitando e reivindicando a gravación e difusión dos P!enos. Nestes momentos de pandemia esiximos esta ferramenta para garantir a transparencia, a información e a participación veciñal. Así mesmo reclamamos a creación dunha hemeroteca na que queden arquivadas as gravacións íntegras así como as mocións presentadas, sexan aprobadas ou rexeitadas.

As socialistas voltaron preguntar polos verquidos no río Tollo, pola  creación dunha Plataforma da Sanidade Pública, ( solicitada con anterioridade  polo grupo Socialista). Así mesmo solicitaron información sobre a publicitada construcción da ponte peonil sobre o río MIÑO e cal foi a inversión nese proxecto:  150.000€ de diñeiro público malgastados en fume!!...Tamén pediron a mellora da marquesina na rotonda  da farmacia que nos días de choiva e como si non houbera. Agardamos que en breve sexan emitidas as Sesións para que as veciñas e veciños aseguren o seu dereito ás información.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí