Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os socialistas de Tomiño denuncian que a campaña de recollida de firmas levada a cabo polo BNG é un fraude por non ter validez ningunha

Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do PSdeG-PSOE en Tomiño amosan o seu estupor ó comprobar que a razón esgrimida para non esixir o DNI é a COVID-19.

Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do PSdeG-PSOE en Tomiño amosan o seu estupor ó comprobar que a razón esgrimida para non esixir o DNI é a COVID-19.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Octubre de 2020

Fuente: Socialistas de Tomiño

Os socialistas de Tomiño denuncian que a campaña de recollida de firmas en favor da sanidade pública, levada a cabo ao longo desta semana polo BNG no Concello de Tomiño, é un fraude por non ter validez ningunha ó non requerir nin a sinatura nin o número do DNI dos asinantes.

As socialistas ante a evidencia de non estar solicitando o DNI, consultaron diferentes fontes xurídicas con idéntico resultado:

Todas esa firmas non son válidas. Para que unha sinatura sexa válida para presentar ante un xuíz, ou ao Parlamento como pretende o BNG, necesítase nome completo, número de DNI e sinatura en follas seguidas, polas dúas caras e sen espazos entre unha folla e outra. Esta é a única maneira de  poder acreditar e verificar  ditas firmas.

Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do PSdeG-PSOE en Tomiño amosan o seu estupor ó comprobar que a razón esgrimida para non esixir o DNI é a COVID-19.

“Non entendemos a relación causa efecto que poida derivarse de aportar un DNI ou asinar,  co virus, sobre todo cando o bolígrafo é compartido por todas e todos os firmantes, polo  que consideramos absurdo o argumento dado como excusa”

Á vista destes feitos, esiximos ó goberno municipal do BNG un mínimo de seriedade e rigor ante un problema tan grave como o da sanidade pública en Tomiño. Non se pode comprender como gobernando dende hai casi 14 anos se poidan cometer erros como este e mesmo pareza unha burla aos usuari@s . A veciñanza de Tomiño non merece este trato. Poñámonos a traballar xuntos polo ben común!!

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí