Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Socialistas de Tomiño lamentan a tardanza na convocatoria dos plenos

As socialistas votaron a favor dos puntos levados na orde do día, propoñendo na aprobación dos festivos locais a realización dunha consulta entre a veciñanza para o vindeiro ano, favorecendo deste xeito a participación veciñal.

As socialistas votaron a favor dos puntos levados na orde do día, propoñendo na aprobación dos festivos locais a realización dunha consulta entre a veciñanza para o vindeiro ano, favorecendo deste xeito a participación veciñal.

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Septiembre de 2020

Fuente: PSOE Tomiño

O pasado xoves, 24 de setembro celebrouse en Tomiño  Pleno ordinario no que as socialistas lamentaron o retraso na convocatoria que provocou que decairan mocións presentadas o que, na súa opinión, perxudica a calidade democrática do Concello.

As socialistas votaron a favor dos puntos levados na orde do día, propoñendo na aprobación dos festivos locais a realización dunha consulta entre a veciñanza para o vindeiro ano, favorecendo deste xeito  a participación veciñal.

A Concelleira Mirta Misa defendeu unha moción presentada por rexistro o 5 de agosto, sobre a revisión do protocolo fronte a COVID 19 nos centros educativos. Ao ter pasado tanto tempo e estar desactualizada, as socialistas retírarona na Comisión, consensuando co BNG para adaptala e presentala por urxencia no Pleno. A sorpresa foi maiúscula cando  chegado o momento o BNG presentou outra de carácter máis xenérica, absténdose na do PSdeG-PSOE. Deste xeito é o consenso que o goberno nacionalista práctica.

As socialistas fixeron preguntas sobre o comercio, a non ordenanza das terrazas, polo abandono da case totalidade de marquesiñas e a falta de desinfección das mesmas. Esixiron información sobre os parques infantís que se mantén pechados pero  se siguen usando sin ningunha medida de seguridade nin desinfección que establece a normativa.

No capítulo de obras, á pregunta de por qué a obra de remodelación da praza de Goián leva un ano adxudicada sen comenzar as obras, respostou o voceiro nacionalista que a causa é a pandemia que estamos a sufrir, argumento que non cremos pois a de Figueiró foi comenzada en pleno confinamento, o que demostra que esa non  é a causa da demora. Na citada obra de Figueiró, que xa excede o período de execución, a causa parece que tamén é a pandemia que causa  problemas no transporte das luminarias.

Con respecto á sanidade, a voceira Violeta de Santiago, puxo no centro do debate a situación caótica e mesmo crítica no que se atopa o Centro de Saúde, agravada polo peche do Consultorio de Goián “ voltamos a poñer enriba da mesa unha solución factible, razoable e que acada un amplo consenso na veciñanza, que é reubicar o Consultorio na casa do Sacana, recen adquirida polo Concello. Á responsabilidade é absoluta da Consellería, pero si o goberno municipal baixa os brazos neste asunto, será cómplice do que aconteza.

Por último propuxeron unha batería de medidas para intentar paliar o fartazgo e crispación actuais, como instar a solicitar reunións co Conselleiro, pois por whatsapp non nos parece a vía acertada, esixir inspeccións para coñecer si se están dando casos de malas praxis, para que se tomen as medidas oportunas de ser así, impulsar plataformas para canalizar as queixas, reclamacións e demandas das usuarias/os do Centro Médico, promover mobilizacións veciñais para esixir unha sanidade pública de calidade para os tomiñesxs ata que nos escoiten…

“Tendemos as nosas mans, conten  con nós para levar adiante todo o proposto a carón da veciñanza” É o ofrecemento que fixo Violeta de Santiago quen espera que o goberno recolla o guante.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí