Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Socialistas de Tomiño solicitan a adecuación do entorno do Consultorio de Goián

A apertura do Consultorio de Goián foi unha das moitas reivindicacións da Plataforma pola Sanidade Pública de Tomiño formada por veciños e veciñas que se mobilizaron para que a atención primaria neste Concello sexa de calidade.

A apertura do Consultorio de Goián foi unha das moitas reivindicacións da Plataforma pola Sanidade Pública de Tomiño formada por veciños e veciñas que se mobilizaron para que a atención primaria neste Concello sexa de calidade.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Marzo de 2024

Fuente: Socialistas de Tomiño

Despois da pandemia a Atención Primaria viuse seriamente mermada. A apertura do Consultorio de Goián foi unha das moitas reivindicacións da Plataforma pola Sanidade Pública de Tomiño formada por veciños e veciñas que se mobilizaron para que a atención primaria neste Concello sexa de calidade.

 

No último pleno, as concelleiras socialistas preguntaron pola accesibilidade das persoas doentes e as traballadoras ao Consultorio de Goián situado na rúa Rosalía de Castro. Por esta rúa, dun só carril, circulan vehículos e, ao mesmo tempo, serve como acceso ao aparcamento. Nela non hai un espazo reservado para o persoal sanitario que se poden atopar co aparcamento completamente ocupado. Nin sequera para unha ambulancia que teña que atender unha urxencia que debería parar no medio e medio da rúa impedindo a circulación viaria. E, para máis inri, que conta cunha beirarrúa na que hai dous inmensos maceteiros/xardineiras que como adorno están ben pero que para a vida diaria dun centro médico non son os elementos máis axeitados.

 

Ante a contestación do portavoz do BNG, Uxío Benítez, as socialistas cuestiónanse que é o que prima para o grupo de goberno? O estético duns maceteros? Ou a accesibilidade das persoas incluídas as doentes nunha urxencia (ou non) e traballadoras do Consultorio? E que hai da circulación de vehículos?

 

Recuperar espazos públicos para as persoas é correcto pero  hai que facelo con sentido común e tendo en conta  o uso do lugar e, sobre todo e de verdade, ás persoas.

 

Polo tanto as Concelleiras Socialistas de Tomiño solicitan a retirada dos maceteiros, a creación de prazas de aparcamento para ambulancia, para persoas con mobilidade reducida, e tamén para os propios traballadores; e así facer que o entorno do Consultorio sexa unha zona de fácil acceso e  libre de riscos tanto para peóns como vehículos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí