Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Socialistas do Baixo Miño destacan o compromiso de Besteiro coa VAP e o Centro de Día comarcal

Acción do PSdeG-PSOE na tarde deste mércores na rotonda de Goián, coa presenza das candidatas Leticia Gallego e Fátima Rodríguez

Acción do PSdeG-PSOE da Guarda na tarde deste mércores na rotonda de Goián, coa presenza das candidatas Leticia Gallego e Fátima Rodríguez

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Febrero de 2024

Fuente: PSdeG-PSOE

Acción do PSdeG-PSOE na tarde deste mércores na rotonda de Goián, coa presenza das candidatas Leticia Gallego e Fátima Rodríguez, ás eleccións do 18F, aplaudindo os compromisos de José Ramón Gómez Besteiro co vial de alta capacidade A Guarda-Tomiño (VAP) “que a Xunta ven dilatando desde fai 15 anos, e coa posta en marcha dun Centro de Día Comarcal”.

 

O PSdG-PSOE denunciou que o proxecto da VAP, iniciado xa por Pérez Touriño na Xunta en 2008, foi continuamente bloqueado desde 2009 coa chegada de Feijoo ao Goberno Galego. “Así que case 20 anos despois seguimos aquí, compostos e sen VAP”. Por iso, o PSdeG-PSOE agradeceu “o compromiso claro de Besteiro cun vial clave para todo o Baixo Miño sen o que a comarca está destinada a morrer”.

 

As e os socialistas subliñaron tamén que Besteiro, comprometeuse co Colexio de Traballo Social de Galicia a desbloquear a atención á dependencia “que Rueda deixou ao borde do colapso, creando un novo centro de día comarcal que atenda a inxente demanda destes servizos, que  permiten mellorar a calidade de vida tanto das persoas dependentes como das súas familias. Fronte a isto, dixeron, Rueda limitouse a anunciar un bono electoralista de suposto Coidado no Fogar para atender a persoas dependentes que nin é universal, nin automático na maioría dos casos, fomentando a privatización e abandonando os servizos públicos”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí