Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Teixugos gañadores da XII Taça Ibérica

O Club Deportivo Miño acudiu cun total de once deportistas, que desfrutaron nas augas do Coura acadando un total de seis medallas.

O Club Deportivo Miño acudiu cun total de once deportistas, que desfrutaron nas augas do Coura acadando un total de seis medallas.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Enero de 2022

Fuente: Rosa Carrera

Despois dun ano de parón por mor da COVID-19, as augas do río Coura, na localidade de Covas, en Vilanova de Cerveira, volveron a acoller a xa emblemática Taça Ibérica de Slálom, concretamente a duodécima edición desta competición exemplo de traballo conxunto entre Galicia e Portugal.

Máis de cen piragüistas se deron cita durante a fin de semana para disputar esta proba puntuable tanto para a Liga Galega como para a portuguesa. O sábado tiveron lugar as clasificatorias e o domingo semifinais e finais.

O Club Deportivo Miño acudiu cun total de once deportistas, que desfrutaron nas augas do Coura acadando un total de seis medallas.

En categoría feminina, Laura Alonso, en K1 sénior; Ainhoa Barreiro, en K1 Júnior;   e Alba Soutelo en C1 Júnior resultaron gañadoras nas súas respectivas probas. Alba e Ainhoa participaron por dobre partida, e ademais do ouro, Alba foi cuarta en K1 e Ainhoa bronce en C1.

En categoría masculina, Brais Castro, en C1 Sénior, fixo o segundo mellor tempo das finais, obtendo unha medalla de prata.  Alexis Esperança, en K1 Júnior, alzouse co ouro, ao facer o mellor tempo na final. Na mesma categoría, Sergio Rodríguez, que tamén aspiraba ao podio, rematou cuarto ao cometer un pequeno fallo na súa baixada e Mateo Álvarez quinto.  En K1 sénior, Emilio Rodríguez acabou vixésimo. En K1 cadete Adrián Lluch foi quinto, Antón Fernández décimo e Rui Malheiro décimo cuarto.  

Catro ouros, unha prata e un bronce foron o balance final de medallas para o club. Na clasificación final por equipos, o Deportivo Miño-Teixugos foi o gañador da proba, cun total de 214 puntos, compartindo podio co Tea de Mondariz con 168 e o Montaña Quixós de Monforte con 140.

FOTOS das finais: https://photos.app.goo.gl/NY9oW6TfAc2Sgyb37

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí