Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Teixugos logran catro medallas na 3ª Copa Galega de Promoción Slálom

A competición celebrouse o domingo 10 de xullo no río Tamuxe do Rosal e nela os piragüistas do Club Deportivo Miño-Teixugos demostraron as súas habilidades nas diversas probas

A competición celebrouse o domingo 10 de xullo no río Tamuxe do Rosal e nela os piragüistas do Club Deportivo Miño-Teixugos demostraron as súas habilidades nas diversas probas

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Julio de 2022

Fuente: Club Deportivo Miño-Teixugos

Este domingo, 10 de xullo, celebrouse no río Tamuxe, no Concello do Rosal, a 3ª Copa Galega de Promoción de Slálom. Na competición, os nove piragüistas dos Club Depotivo Miño-Teixugos que acudiron destacaron polas súas habilidades, obtendo un total de catro medallas.

Os piragüistas do club do Baixo Miño competiron en diversas categorías, conseguindo bos resultados, levándose para casa catro medallas. As medallas foron obtidas na categoría de K1 muller alevín, na que Nerea Álvarez logrou o bronce; en K1 home pre-benxamin, na que houbo podio dobre, Roque Oliveira conseguiu a plata e Nico Piñeiro o bronce; e en K1 home benxamín, onde Lois Montenegro obtivo a medalla de prata. 

En total foron catro medallas as que lograron os teixugos nesta 3ª Copa Galega. Non obstante, cabe destacar os resultados logrados polos demais participantes do club nas súas respectivas categorías: Rita Oliveira resultou cuarta en K1 muller, Leila Álvarez sexta en K1 muller alevín, Tiago Rey obtivo o cuarto posto e Martin Vicente o sexto en K1 home benxamín, e Iván Cruz rematou oitavo en K1 home alevín.

Na clasificación final por equipos o club gañador foi o Tea de Mondariz e o club Deportivo Miño-Teixugos quedou en cuarto lugar. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí