Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Os Teixugos Luís Fernández e Manuel Ochoa gañadores na 1ª Copa de España de slálom

O Club Deportivo Miño acudiu con dez deportistas, cos que deu acadado resultados históricos.

O Club Deportivo Miño acudiu con dez deportistas, cos que deu acadado resultados históricos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Febrero de 2021

Fuente: Rosa Fernández

Esta fin de semana arrancou a Liga Española de Slálom, despois dun ano de parón por mor da COVID-19. A primeira das competicións, 1ª Copa de España de Slálom, celebrouse na localidade de Mondariz. Durante dúas xornadas, o mellor do panorama nacional nesta modalidade de piragüismo, deuse cita nas augas do río Tea. O evento estivo marcado pola adversa meteoroloxía, pola elevadísima participación, con catorce equipos e máis de 200 deportistas, e polo protocolo do coronavirus, con grandes medidas de seguridade e sen público.

Esta copa constou de dúas competicións diferenciadas, unha sábado e outra domingo, cunha primeira baixada clasificatoria, na que os dez primeiros pasaban á final.

O Club Deportivo Miño acudiu con dez deportistas, cos que deu acadado resultados históricos.

En canoa sénior Luis Fernández foi gañador absoluto nas dúas xornadas. O deportista de Salceda, impúxose nas clasificatorias e nas respectivas finais, tanto sábado como domingo. Na mesma modalidade Alejandro Ochoa non deu conseguido entrar nas finais rematando décimo sexto nos dous días.

En caiac sénior, o tomiñés Manuel Ochoa, conseguiu a terceira medalla de ouro para os Teixugos. Nas clasificatorias do sábado, un pequeno fallo e unha penalización de dous segundos, deixárono fóra das finais nun décimo quinto lugar. O domingo, co quinto mellor tempo,  entrou en finais, e rematou gañando a proba. Na mesma proba, Alejandro Ochoa, rematou trixésimo quinto e trixésimo oitavo.

Tamén en caiac sénior, Laura Alonso, quedou nas dúas xornadas ás portas das finais co seu duodécimo lugar.

En categoría xuvenil feminina, Ainhoa Barreiro e Alba Soutelo tiveron unha moi boa actuación, rozando o podio en varias ocasións. Alba , en caiac, rematou sexta o sábado na final e décimo cuarta o domingo, na modalidade de canoa, rozou medalla nos dous días, rematando cuarta e quinta. Pola súa banda, Ainhoa fixo finais nos dous días en caiac, rematando cuarta e sétima, e en canoa foi décimo cuarta e novena.

En xuvenil masculino, a modalidade de canoa non tivo participación de teixugos, e en caiac, a mellor actuación foi a de Sergio Rodríguez que entrou en finais nas dúas xornadas, rematando quinto e sexto. O seu compañeiro Alexis Segadaes fixo dúas baixadas correctas, pero non o bastante rápido para facer final, rematando décimo sexto e vixésimo. Na mesma categoría, participaron tamén,  Rui Malheiro e Adrián Lluch, os máis novos dos nosos participantes, que se estrearon na Liga absoluta nacional, rematando lonxe dos postos de cabeza.

A seguinte competición, a 2ª copa de España, terá lugar na canle da Seu D´Urgell os días 6 e 7 de marzo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí