Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os traballadores/as de IKF da Guarda camiño de cumprir as dúas semanas en folga indefinida contra a dobre escala salarial

Malia o seguimento masivo do paro, non foi até o pasado venres que a empresa tentou un achegamento

Malia o seguimento masivo do paro, non foi até o pasado venres que a empresa tentou un achegamento

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Julio de 2021

Fuente: CIG

Os traballadores e as traballadoras de Imerys Kiln Furniture (IKF) da Guarda continúan coa folga indefinida iniciada o pasado 14 de xullo en rexeitamento á dobre escala salarial que a empresa quere prolongar e á liberalización dos horarios, á maior flexibilización da xornada ou ao cambio no goce das vacacións que pretende impor.

Tras case dúas semanas de paro xeral, cun seguimento masivo do persoal, o pasado venres producíase un achegamento por parte da dirección, que amosou disposición a sentar negociar parte das demandas sociais: flexibilización da xornada anual, modificación da distribución histórica das vacacións, pago do traballo en fins de semana e festivos ou determinados complementos salariais.

Porén, explica Xulio Vicente, da CIG-Construción de Vigo, a dirección non quere tocar por agora a principal problemática, a eliminación da dobre escala salarial, cuestión que pretende deixar para o final da negociación. "O pasado venres houbo un pequeno achegamento pero non sabemos en que vai rematar. Quedamos emprazados a volver reunirnos, pero aínda sen data concreta", sinala.

Engade Vicente que nese breve encontro, a empresa tamén tentou forzar a desconvocatoria da folga a cambio de abrir as conversas "pero os traballadores e as traballadoras foron claros, continuarán coa folga até conseguir que se dea resposta ás súas demandas".

Neste senso, critica a ausencia da Xunta de Galiza neste conflito malia a importancia laboral e económica que ten a actividade desta fábrica para á Guarda e o conxunto da comarca. "É esta a preocupación que ten a Xunta polos dereitos dos traballadores e das traballadores desta empresa?", inquire Xulio Vicente.

Así as cousas, o persoal recibiu este luns a visita das alcaldesas do Rosal e de Tomiño, a quen lles trasladaron a situación laboral que se vive na fábrica (propiedade da multinacional francesa Imerys e que se dedica á fabricación de materiais refractarios) e a quen lles solicitaron a súa intervención e o apoio institucional ás súas reivindicacións.

Diferenzas nos salarios de até 5200€ anuais

Cómpre lembrar que, por mor do pacto asinado coa empresa polo anterior comité en 2018, as persoas que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un 30% menos de soldo que os seus compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5200 euros menos ao ano. Unha dobre escala salarial que a empresa pretende prolongar durante oito anos máis.

Xunto a isto, IKF pretende que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde, o que se traduciría  na liberalización dos horarios a dispor da empresa, supondo un ataque ao dereito de conciliación da vida laboral e familiar. Ademais, quere introducir cambios no goce das vacacións, que historicamente se viñan collendo no mes de agosto, e agora pretende que o persoal colla 15 días de vacacións en agosto e os outros 15 estean a disposición da empresa.

Diante deste retroceso nos dereitos, os traballadores e as traballadoras acordaron en asemblea iniciar folga indefinida dende o 14 de xullo, que manterán mentres non se dea cumprida resposta as súas demandas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí