Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Os veciños de Areas rexeitan a apertura de novas gasolineiras na parroquia

Catro empresas pretenden abrir outras tantas gasolineiras que sumadas a existente, farían un total de cinco, todas na mesma parroquia tudense

A Asociación Veciñal Monte do Seo, agarda que se impoña a cordura urbanística ante este desvarío polas catro novas gasolineiras que se pretenden instalar na parroquia de Areas

Fecha: 18 de Mayo de 2020

Fuente: AV Monte do Seo

A mediados de 2018 comenzaban os rumores de que estaban a mercar terreos catalogados como "solo rústico de protección" en Areas ao lado de varias casas habitadas, para a construcción de unha nova área comercial con servizo de gasolineira, pero foi a inicios de 2019 cando se confirmou que se trataba dunha gasolineira con boxes de lavado incluido.

Cabe destacar que baixo estos terreos está o manancial de auga coñecido como a "A Mina" ,conta cunha canalización tradicional de pedra de aló menos 200 anos de antigüidade, en maio de 2019 foi feita unha analítica da auga e era apta para consumo.

Xustamente foi 22 de xaneiro de 2019 cando Asociación Veciñal Monte do Seo presenta a primeira denuncia no "Concello de Tui" pois os veciños nos encontramos coas máquinas movendo terras nas parcelas en cuestión, non foi por casualidade pero días despois de ter presentado a denuncia, a empresa responsable presenta no concello a solicitude de licencia.

Agora, en maio de 2020, un ano despois con varios trámites administrativos de por medio, tales como, presentar escritos na "Confederación hidrográfica Miño-Sil", presentar alegacións na "Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda-Xunta de Galicia" e no propio "Concello de Tui", atopámonos cun escenario ben distinto ao inicial.

A situación actual, é que non hai un, senón catro expedientes sobre a mesa para sendas gasolineras (a ter en conta que a día de hoxe en Areas xa contamos cunha gasolineira no parque empresarial), isto quere decir que si estos proxectos van adiante, Areas contará con cinco gasolineiras nun tramo de 1 quilómetro, un tramo xa bastante castigado polo caos urbanístico orixinado pola falta de rigor ao instalar áreas comerciais sen un plan mínimanente analizado.

A Asociación tamén quere amosar o seu malestar coa decisión do actual goberno do "Concello de Tui".

Pois nestas datas de "confinamento polo Covid-19", tras recibir un informe favorable da "Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda-Xunta de Galicia", concede licencia no día 8 de abril 2020, para "acondicionamento de terreos para un futuro uso de parcela como gasolineira", as máquinas xa están traballando nunha das parcelas e xa poñen en perigo o manancial en chan rústico e os veciños non podemos facer nada ao estar confinados nas casas, en outros tempos, xa estaríamos mobilizados diante da obra tentando paralizala ata que non se resolvese esta atrocidade.

Chegados a este punto, a Asociación Veciñal Monte do Seo, agarda que se impoña a cordura urbanística ante este desvarío polas catro novas gasolineiras que se pretenden instalar na parroquia de Areas.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones