Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PACHI VÁZQUEZ APOSTA POLA INNOVACIÓN, AS NOVAS TECNOLOXÍAS, E A COMPETITIVIDADE COMO ELEMENTOS CLAVE PARA SAÍR DA CRISE EN GALICIA

Tras visitar a empresa Tu Menú Goián, en Tomiño, avoga pola apertura de novos nichos de mercado para revitalizar a economía local

Fecha: 25 de Enero de 2012

Fuente: Infomiño.com / PSOE / Carmen R

O líder dos socialistas galegos visitou tamén o Colexio de San Xerome, no Concello de A Guarda, para interesarse pola situación  deste centro
Tomiño, 24 de xaneiro de 2012.- O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, visitou hoxe os concellos de Tomiño e A Guarda, no marco da campaña Galicia, a nosa tarefa, que está a desenvolver o PSdeG para recoller as inquedanzas e propostas dos cidadáns a través dos concellos e dos colectivos veciñais, empresariais, culturais e sociais.
Vázquez achegouse hoxe á empresa Tu Menú Goián, en Tomiño, para coñecer de primeira man o traballo que desenvolven un grupo de mulleres emprendedoras deste municipio. O líder socialista destacou o traballo realizado por unha empresa que ademais recibiu o premio á Muller Emprendedora Rural.
“Vimos  a escoitar e a aprender de mulleres que son capaces de poñer en marcha unha empresa innovadora, competitiva e que está a abrir novos nichos de mercado”, sinalou. “Unha empresa que demostra que cando a xente pon a cabeza, traballa e abre novos horizontes comerciais, hai moitas posibilidades”.  
Vázquez amosou a súa preocupación porque o Goberno galego “tirou a toalla” e non só non é capaz de reactivar a economía e fomentar o emprego senón que as previsións apuntan a que no vindeiro ano destruíranse 50.000 empregos máis.
“Fronte a isto, os socialistas estamos a traballar para dar alternativas e estamos percorrendo Galicia e comprobando que hai  xente que fai cousas novidosas, como esta empresa”, apuntou.
Así, considerou como “elementos clave para saír da crise en Galicia, a innovación, as novas tecnoloxías, a apertura de novos nichos de mercado e a competitividade”.
Lembrou que “agora mesmo, a labor máis importante do PSdeG é serlle útiles á sociedade galega, ser capaces de darlle alternativas políticas fronte a un goberno do PP que está esgotado”.
Tras realizar estas declaracións en Tomiño, o líder dos socialistas galegos achegouse ata o concello de A Guarda, onde visitou o Colexio de San Xerome, a fin de coñecer de primeira man a problemática que atravesa este centro de  nenos e nenas discapacitados psíquicos.

Alí mantivo un encontro coa directiva do centro e trasladoulle a necesidade de blindar políticas sociais básicas como a dependencia, a sanidade e a educación, a fin de garantir o funcionamento de centros como este. Unha proposta que o líder dos socialistas galegos xa lle transmitiu ao presidente da Xunta en vía parlamentaria.
 
FOTOGRAFÍAS
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones