Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PACHI VÁZQUEZ APOSTA POR ENRIQUE CABALEIRO PARA LIDERAR O CAMBIO EN TUI E LOGRAR -QUE PRIMEN OS DEREITOS DOS CIDADÁNS POR ENRIBA DOS INTERESES PARTICULARES-

Denuncia que o Goberno galego -vela máis polos intereses do alcalde de Tui que polos dos cidadáns- como demostra a aprobación dun Plan Xeral para este concello que beneficia á promotora do rexedor municipal

Fecha: 11 de Marzo de 2011

Fuente: Infomiño.com / PSOE Tui

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, apostou onte por Enrique Cabaleiro para liderar o cambio de goberno no concello de Tui, e lograr así “que primen os dereitos dos cidadáns por enriba dos intereses particulares”.

Vázquez fixo estas declaracións na presentación de Enrique Cabaleiro como candidato do PSdeG á alcaldía de Tui, na que acusou ao Goberno galego de “velar máis polos intereses do alcalde de Tui que polos dos cidadáns”, despois de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que dirixe Agustín Hernández, aprobase unha proposta do Plan de Urbanismo que beneficia á promotora do alcalde.  

“Por elo, máis que nunca, é necesario un cambio de goberno neste concello”, proclamou Vázquez, “porque ao PP só lle interesa utilizar a administración para defender os seus intereses partidistas por enriba do interese dos cidadáns”.

Apuntou que unha das principais preocupacións dos socialistas galegos é o desemprego, e lamentou que o Goberno de Feijóo, despois de dous anos, “non só non resolveu os problemas de Galicia, senón que os incrementou”.

Así, lembrou que Galicia encabeza a destrucción de emprego por enriba da media de España, con máis de 75.000 postos de traballo destruídos e 248.279 galegos e galegas no paro”. Denunciou que o Goberno galego “recortou 65 millóns de euros en políticas activas de emprego” e que ademais “Feijóo mentiu ao afirmar que non tiña competencias, porque si as ten, pero non as aplica”.

Incidiu especialmente no paro xuvenil, ao lembrar que “un de cada dous xóvenes perdeu a esperanza de futuro, con máis de 57.000 mozos e mozas no paro e 3.000 investigadores sen becas” ao que se suman “a supresión de servizos como o Noitebús, que afectou a 180.000 xóvenes, ou da Renda Básica de Emancipación, pola que están a esperar 19.000 mozos e mozas”.

“Dende a chegada de Feijóo á Xunta, todos os galegos e galegas perdemos dereitos cívicos e sociais”, proclamou Vázquez, quen lembrou que 250.000 persoas agardan a día de hoxe por unha consulta médica e 120.000 esperan por unha proba diagnóstica, mentres máis de 40.000 familias agardan a que Feijóo cumpra o seu compromiso respecto á lei da dependencia.

A isto engadiu a supresión da gratuidade dos libros de texto, que afecta a 80.000 familias; a eliminación do seguro colectivo do que se beneficiaban 30.000 traballadores do mar; a eliminación da pensións ás mariscadoras; ou o tento de reducir os dereitos farmacéuticos dos galegos e galegas cun catálogo que impedía o acceso a 427 medicamentos dos que si dispoñen outras comunidades do Estado.

Servilismo da Xunta e transfuguismo

Vázquez afirmou que si algo caracteriza ao Goberno de Feijóo “é o seu servilismo aos intereses do PP”, o que cualificou de “vergonzoso”. “Non se coñece na historia de Galicia un período de maior conculcación dos dereitos dos galegos e galegas e das súas institucións máis representativas, nin unha instrumentación tan partidista da administración pública”, proclamou. 

Referiuse á inclusión de tránsfugas nas listas do PP ás eleccións municipais, e sinalou que “o presidente da Deputación de Pontevedra é o principal executor desta política, que conculca os dereitos cidadáns e os converte en meros servidores dos intereses do PP, do propio Louzán, e de Feijóo”, sentenciou.

“Aínda que Feijóo e o PP non queiran facelo, os socialistas si seguiremos a falar do que importa aos cidadáns”. Para elo, explicou que o PSdeG está a traballar na elaboración do programa marco electoral, que terá entre os seus eixos principais a promoción da creación do emprego, o fortalecemento dos servizos públicos municipais e situar aos veciños e veciñas no centro de atención da política municipal”.

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

VIDEO
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones