Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Participación da Agrupación Musical do Rosal na Sección Primeira do Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia

Despois de 13 anos, a Agrupación Msucial do Rosal volve a participar neste importante certame musical

Despois de 13 anos, a Agrupación Msucial do Rosal volve a participar neste importante certame musical

Fecha: 15 de Julio de 2017

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

Despois de 13 anos sen acudir a este certame, a nosa agrupación considerou que xa era tempo dabondo de espera, e que tiñamos que volver a participar. Aínda que acudir a unha cita como esta supón moitos esforzos (musical, organizativo, económico, persoal) son máis os "pros" que os "contras" que lle atopamos a un proxecto como este.

O motivo máis relevante que nos anima a presentarnos a un concurso desta categoría é comprobar a mellora e o progreso que se reflexa no nivel musical da banda, debido a intensificación de ensaios, ó traballo en grupo, e tamén, por suposto, o estudio individual que ten que realizar os músicos para tocar obras de gran dificultade.

Outro dos motivos é ter a oportunidade de actuar nun dos escenarios de máis relevancia a nivel nacional como é o Palau da Música de Valencia, un dos auditorios máis importantes da península, e poder tocar ó lado de prestixiosas bandas que contan cun elevado nivel e con moita máis tradición musical e cultural que a nosa.

Nesta ocasión a banda participará na Sección Primeira, destinada a bandas de ata 110 compoñentes. Competiremos con outras dúas bandas de renome como son a Societat Musical "La Primitiva" de Rafelbunyol (Valencia) e a Unión Musical Cartagonova (Murcia); sendo nesta ocasión a única banda galega que participará no evento.

Dende que a finais do mes de febreiro resultamos elixidos para participar no certame, temos anotado na nosa axenda e sobre todo nas nosas cabezas o 22 de xullo como unha das datas máis importantes na historia da Agrupación Musical do Rosal. Meses e meses de ensaios sen parar que rematarán ese día no Palau da Música, onde tentaremos facelo o mellor posible e para regresar cun bo sabor de boca, sentíndonos orgullosos do traballo realizado durante todo este tempo de preparación.

O concerto Pre-Certame terá lugar o vindeiro domingo 16 de xullo, ás 19:30 horas no Auditorio do Rosal, e será a mellor de maneira de coller impulso de cara a vindeira semana e sentirnos arroupados por familiares, veciños, entidades e institucións, e se cabe, aínda con moita máis ilusión.

O programa que interpretaremos será o repertorio do día do certame, na mesma orde. Comezaremos co pasodobre "Sombras y Luces" de Santiago Quinto Serna, a continuación tocaremos a obra obrigada proposta pola organización "Everest" de Jordi Peiró e poremos o punto final do concerto coa obra libre que escollemos para esta ocasión, "Homenaje a Joaquín Sorolla" de Bernardo Adam Ferrero.

Unha vez rematado o concerto permitímonos aconsellarlle dar un paseo ata a praza do noso concello, que se atopa celebrando a 25ª edición da Feira do Viño do Rosal e alí poderán degustar os nosos mellores caldos e gastronomía, así como apreciar a beleza paisaxística do noso pobo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones