Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pasarrúas musical, espectáculo familiar, concertos e teatro no venres de San Telmo

Pasarrúas musical con Pulpiño Viascón, un espectáculo de malabares, humor e circo con Peter Punk, o peche da XIV Semana de Teatro Amador co grupo de teatro A Insua e os concertos de Pacheco Bros e Acevedos Delgados conforman a programación para mañá venre

Pasarrúas musical con Pulpiño Viascón, un espectáculo de malabares, humor e circo con Peter Punk, o peche da XIV Semana de Teatro Amador co grupo de teatro A Insua e os concertos de Pacheco Bros e Acevedos Delgados conforman a programación para mañá venre

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Abril de 2024

Fuente: Concello de Tui

Pasarrúas musical con Pulpiño Viascón, un espectáculo de malabares, humor e circo con Peter Punk, o peche da XIV Semana de Teatro Amador co grupo de teatro A Insua e os concertos de Pacheco Bros e Acevedos Delgados conforman a programación para mañá venres nas festas de San Telmo

A actividades comezará con Pulpiño Viascón que fará un pasarrúas, ás 17 h e ás 19 h co seu novo espectáculo “A Trikidisco”. Co seu acordeón interpretará música con ritmos de muiñeira africanos, ska, cha cha cha, e xotas. No seu percorrido non faltarán as pombas de xabón e súa voz. Pulpiño Viascón que é Marcos Aboal Vázquez, que formou parte de bandas coma “Os Diplomáticos de Monte Alto” ou “Bonovo”, e que colaborou en discos con Manu Chao o Susana Seivane.

O público familiar poderá gozar mañá ás 18 h na carpa da Corredoira con “Chungo que te cagas” o primeiro espectáculo da andaina coma pallaso de Peter Punk. No mesmo crea un universo propio a través do xogo e dunha visión moi persoal do mundo. Da súa maleta sairán pelotas, un prato chinés, fachos de lume… para conformar unha hora de diversión con circo, malabares, humor e clown.

Ás 21 h rematará a XIV Semana de Teatro Amador no Teatro Municipal de Tui co grupo de teatro A Insua da Asociación Cultural A Insua de Caldelas con “Os montesecos e os capulletos”. Sofía González Durán é a autora e directora desta comedia inspirada en “Romeo y Julieta” de Shakespeare ofrecendo unha visión do amor máis actual e menos torturadora, que convida a cuestionar o amor encorsetado sen contemplar que é diverso, que hai moitas clases de amor, e que o amor é libre. O elenco está formado por Consuelo Besada Gándara, Gabriel López González, Josefa Carrera Núñez, María del Mar Alonso Ubiña, Rosa María González Núñez, Sofía Pimentel Fernández e Vanesa Villar Costa. As entradas están á venda en tui.gal até mañá venres ás 18 h e dende ás 20 h poderanse adquirir no despacho de billetes ao prezo de 2€.

Mentres na carpa da Corredoira terán lugar os concertos de Acevedos Delgados e Pacheco Bros. Ás 21 h o grupo Acevedos Delgados, de Goián, interpretará versións de cancións populares e os seus propios temas con toques de pop, blues e rock. O grupo está formado por Andrés Acevedo e Davinia Delgado. A continuación, ás 22.30 h, Pacheco Bros, o dúo formado polos irmáns vigueses Javi e Diego Pacheco, historia da música pop rock e o blues dos anos sesenta, con versións de temas máis recoñecidos e tamén actuais.

 

 

Venres 5

  • 00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con “A Trikidisco” de Pulpiño Viascón.
  • 00h – 19.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de Peter Punk con “Chungo que te cagas”.
  • 00h – 19.30h Na Corredoira, pasarrúas con “A Trikidisco” de Pulpiño Viascón
  • 00h – 22:00h No Teatro Municipal, XIV Semana de Teatro Amador co grupo A Insua de Caldelas. Estrea de “Os montesecos e os capulletos”
  • 00h – 22.30h Na Carpa da Corredoira, actuación de Pacheco Bros.
  • 30h – 00.00h Na Carpa da Corredoira, actuación de Acevedos Delgados.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí