Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Paseos polos muíños, xogos en familia e experiencias únicas: así será a Semana Santa no Rosal

O Concello programa catro actividades gratuítas con inscrición previa para descubrir o territorio cos cinco sentidos

O Concello programa catro actividades gratuítas con inscrición previa para descubrir o territorio cos cinco sentidos

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Marzo de 2026

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Rosal propón esta Semana Santa unha forma diferente de vivir o territorio, apostando por experiencias que van máis alá do turismo convencional. O Concello deseñou unha programación composta por catro actividades gratuítas que combinan natureza, patrimonio e vivencias sensoriais, pensadas tanto para a veciñanza como para quen visite o municipio nestas datas.

A iniciativa busca que as persoas participantes non só percorran espazos emblemáticos, senón que os sintan a través dos cinco sentidos, conectando coa esencia do Rosal desde unha perspectiva máis consciente e emocional. Iso si, todas as propostas contan con prazas limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente.

 

Experiencias para descubrir o Rosal cos cinco sentidos

 

Un dos pratos fortes da programación serán os paseos sensoriais ‘Cata o lugar!’, dúas rutas interpretativas polos muíños do Folón e Picón, un dos enclaves máis recoñecidos do municipio. Durante estes percorridos, as persoas participantes poderán escoitar o son da auga, identificar aromas do monte, experimentar coas texturas e descubrir sabores ligados ao territorio.

Estas rutas celebraranse o venres 3 de abril pola tarde e o sábado 4 pola mañá, cun percorrido circular de 3,5 quilómetros que presenta certa esixencia física debido á pendente e ao terreo irregular.

 

Actividades para gozar en familia

 

A programación inclúe tamén propostas dirixidas ao público familiar. O xoves 2 de abril terá lugar ‘Primavera nos muíños’, unha actividade que combina xogos, adiviñas e dinámicas para achegar a cultura tradicional dos muíños aos máis pequenos.

Pola súa banda, o mércores 1 de abril desenvolverase ‘Pequen@s cabaqueir@s’, unha experiencia que permitirá coñecer o oficio tradicional dos telleiros a través de actividades lúdicas na contorna da Praza do Calvario e do Museo do Cabaqueiro.

Un modelo de turismo sostible e experiencial

Desde o goberno local destacan que esta programación encaixa nun modelo de turismo sostible, baseado na calidade e no respecto pola contorna. O obxectivo é ofrecer experiencias auténticas que poñan en valor o patrimonio sen provocar masificacións, ao tempo que se reforza a identidade local.

Neste sentido, o Concello convida a veciñanza e visitantes a participar nunha Semana Santa diferente, na que cada actividade se converta nunha oportunidade para redescubrir o Rosal desde outra mirada.

 

Máis propostas para unha Semana Santa completa

 

A programación complétase con outros eventos destacados que reforzan a oferta de ocio no municipio. Entre eles, o torneo internacional ORosalCup, que reunirá a máis de 350 nenos e nenas os días 3 e 4 de abril nas instalacións da Mata, consolidando ao Rosal como referente do fútbol base.

Ademais, do 1 ao 3 de abril a Praza do Calvario acollerá a campaña ‘Sabores da ría’, promovida pola Deputación de Pontevedra, con foodtrucks que ofrecerán petiscos gratuítos e material divulgativo sobre festas gastronómicas.

Por último, o domingo 5 de abril celebrarase unha nova edición do roteiro ‘A lingua das aves’, unha actividade guiada para aprender a identificar aves polo seu canto nun percorrido accesible polo entorno do río Tamuxe.

As persoas interesadas en participar en calquera destas propostas deberán formalizar a súa inscrición a través do teléfono ou WhatsApp no 677 78 32 96 ou no correo electrónico habilitado polo Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí