Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Patricia Rodríguez, produtora de Na Abada, protagonista da primeira historia de Parte de ti

Na Abada é unha empresa de Tomiño que produce de xeito sustentable alimentos de proximidade que reparten a domicilio

Na Abada é unha empresa de Tomiño que produce de xeito sustentable alimentos de proximidade que reparten a domicilio

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2021

Fuente: EuRural

A vida de Patricia Rodríguez e a da súa familia cambiou coa chegada da covid-19. O negocio de flor cortada, que era a súa principal fonte de ingresos, caeu en desgracia por culpa do confinamento e tiveron que reinventarse.

 

Os invernadoiros da empresa familiar deixaron de producir flores para transformarse nunha explotación de hortalizas e froita. E naceu “Na abada”, un negocio familiar, ubicado na parroquia de Taborda (Tomiño), que aspira a asentarse para producir de xeito sustentable alimentos de proximidade que reparten a domicilio.

 

Na Abada é unha empresa de venda de froitas e verduras que combina as novas tecnoloxías e os xeitos de cultivo tradicionais, poñendo así a disposición dos consumidores produtos de tempada apañados na horta no momento, sans e libres de todo tipo de químicos, cun método de envasado que non produce residuos.

 

Teñen unha vertente clásica de forma que podes ter unha cebola de toda a vida pero tamén tratan de traer variedades de sementes distintas sen experimentación. O kilometro cero e a economía circular, son conceptos que intentan transmitirlle aos seus clientes.

 

“Sabíamos que esta oportunidade tiña que ser aproveitada para mellorar, e sabemos que coa nosa proposta estamos contribuindo a mellorar o agro, a mellorar a contorna e a mellorar a alimentación de cada cliente. En definitiva, estamos contribuindo a mellorar a nosa vida e as dos que desexan formar parte deste proxecto, que cada vez é maior.” Patricia Fernández, produtora

 

A voz que dá nome ao seu negocio “abada” indica a porción ou cantidade dunha cousa que se pode levar na aba dun vestido, mandil, etc.

 

Patricia saiu fora do seu lugar de orixe para formarse porque buscaba mellorar as condicións que tiñan os seus pais de traballo pero sempre criu que era posible vivir no agro.

 

Ela é unha das produtoras que forman parte da campaña Parte de ti, unha campaña do Grupo de Desenvolvemento (Galicia Suroeste Eurural) que por segundo ano vai enfocada a sensibilizar, concienciar e informar baseándose nas historias das produtoras e produtores. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador.

 

O Grupo de Desenvolvemento (Galicia Suroeste Eurural) é unha entidade sen ánimo de lucro formada por todo o tecido asociativo que hai nos concellos de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Mos, O Porriño, Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, Nigrán e Gondomar máis os propios concellos e entre todos encárganse de elaborar unha estratexia de desenvolvemento rural para todo o territorio.

 

Os vídeos da campaña poderán visualizarse na web  https://partedeti.eurural.org/ e nas redes sociais de Eurural (@eurural_gdr14) . Ademais os produtores e comerciantes que vendan produto do rural poderán formar parte do directorio de Parte de ti cubrindo o formulario disponible na web (https://partedeti.eurural.org/queres-formar-parte-deste-proxecto/)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí