Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Patrimonio autoriza á humanización do Paseo da Corredoira

A redacción do proxecto e o estudo de mobilidade foron financiados polo Rede Ágora da Deputación

A redacción do proxecto e o estudo de mobilidade foron financiados polo Rede Ágora da Deputación

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tui

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia vén de autorizar o anteproxecto de humanización do Paseo da Corredoira. En concreto trátase da “Mellora da Mobilidade Peonil e Rexeneración urbana na Corredoira e na súa contorna” segundo o anteproxecto redactado polo Estudio Mmasa.  Tanto a redacción do proxecto coma o estudo de mobilidade realizado foron financiados con fondos do Plan Ágora da Deputación de Pontevedra cunha achega de 50 mil euros.

A actuación prevista abranguerá as rúas Camilo José Cela, Augusto González Besada e Rosa Bahamonde, a praza da Inmaculada e a Corredoira co obxectivo de “recuperar o carácter histórico do paseo arborizado da Corredoira e o seu contorno transformándoo nun espazo peonil”.

En concreto o proxecto propón  a creación dunha praza lonxitudinal e define un espazo peonil restrinxido á circulación de vehículos. A rúa Augusto González Besada configúrase coma “un bulevar arborizado que será o acceso principal a todo o conxunto histórico”. Establécese a substitución dalgúns pavimentos, instalación de xardinería, substitución de mobiliario urbano e renovación de servizos centrándose no soterramento das liñas de alumeado, electricidade, telecomunicación e abastecemento.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural na autorización da humanización do Paseo da Corredoira establece coma condicións a realización dun control arqueolóxico nos movementos de terra, definir no proxecto o emprego de bordos de granito delimitando as áreas de rodadura,  elixir pedras con tons e granulometrías similares, executar os alcorques e xardineiras in situ enrasados co novo pavimento. Tamén recolle que se volverá solicitar autorización de precisar solucións singulares empregando pavimentos de formigón ou outro material non contemplados no proxectos volverase e para os materiais e estruturas a empregar nos sistemas de ocultación das áreas destinadas á recollida de residuos urbanos.

Con este proxecto o concello de Tui avanza na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones