Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Peche temporal do Albergue Municipal da Guarda

O Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do próximo luns 20 de decembro ata o domingo 16 de xaneiro de 2022.

O Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do próximo luns 20 de decembro ata o domingo 16 de xaneiro de 2022.

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O Concello da Guarda acordou o peche do Albergue Municipal de Peregrinos durante as próximas semanas ante a redución do número de peregrinos e a actual situación da pandemia.

 

Os meses de menor afluencia de peregrinos son decembro e xaneiro. Os días tan curtos e a maior probabilidade de mal tempo son as razóns polas que os peregrinos evitan realizar o camiño nos meses de inverno. Tamén inflúen as celebracións de nadal.

 

Aqueles peregrinos que escollen estas datas para camiñar a Santiago buscan precisamente un camiño con pouco tránsito que lles aporte tranquilidade e soidade. Ademais  estes peregrinos de inverno adoitar escoller aloxamentos turísticos como hoteis onde dispoñen doutras facilidades como cuartos individuais e unha maior flexibilidade na hora da saída. Neste sentido, indicar que os establecementos hoteleiros da Guarda seguen a ofrecer aloxamento nestas datas con todas as medidas de prevención da COVID-19.

 

Ademais desta redución habitual polo inverno, nas últimas semanas este descenso de peregrinos viuse intensificado polas novas restricións para viaxar dos peregrinos estranxeiros. Durante o inverno a procedencia supera o 95% de países estranxeiros: Alemania, Reino Unido, Corea do Sur, EEUU, Canada,... Gran parte destes países incrementaron as súas medidas e restricións ante o incremento internacional dos contaxios pola COVID-19.

 

Os teléfonos de atención do albergue e da Oficina de Turismo seguirán operativos para atender as dúbidas xeradas ante os posibles cambios nas restricións tanto en Galicia como en Portugal.

 

As medidas acordadas en Portugal teñen gran influencia debido a que gran parte dos nosos peregrinos comezan a súa peregrinación en terras lusas. O goberno portugués  xa anunciou restricións moi estritas do 2 ao 9 de xaneiro de 2022 como o peche da hostalería e o teletraballo.

 

En definitiva, o Albergue Municipal de Peregrinos permanecerá pechado do próximo luns 20 de decembro ata o domingo 16 de xaneiro de 2022. A previsión é que o albergue volva a abrir o luns 17 de xaneiro pero podería modificarse si as restricións internacionais ante a COVID-19 fosen maiores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí