Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pedro Blanco invita en Tui aos concellos a aproveitar os 80 millóns do programa do 2% Cultural para rehabilitar o seu patrimonio

O prazo de solicitudes para este programa, que este ano verá incrementado en 20 millóns de euros o seu orzamento, estará aberto desde o 1 de setembro até o 15 de outubro de 2023

O prazo de solicitudes para este programa, que este ano verá incrementado en 20 millóns de euros o seu orzamento, estará aberto desde o 1 de setembro até o 15 de outubro de 2023

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Agosto de 2023

Fuente: Delegación do Goberno en Galicia

  • O prazo de solicitudes para este programa, que este ano verá incrementado en 20 millóns de euros o seu orzamento, estará aberto desde o 1 de setembro até o 15 de outubro de 2023

 

  • Nos últimos anos, o Goberno destinou máis de 5 millóns de euros a través deste programa, que permitiu a actuacións de rehabilitación e mellora na catedral de Ourense ou na muralla de Lugo, entre outras

 

  • O delegado do Goberno aproveitou o seu encontro co alcalde da localidade, Enrique Cabaleiro, para lembrar o compromiso do Goberno de España co concello, que se materializa en investimentos que superan os 17 millóns de euros na promoción do turismo e o comercio na localidade e na mellora dos seus servizos

 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, aproveitou a súa visita ao concello de Tui para invitar aos concellos galegos a acudir á nova convocatoria de axudas do 2% Cultural do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e do Ministerio de Cultura e Deportes, que este ano verá incrementado o seu orzamento até os 80 millóns de euros, 20 millóns máis que na anterior edición.

O delegado informou de que o prazo de solicitudes para este programa, que cofinancia actuacións de recuperación de inmobles declarados Ben de Interese Cultural (BIC), de titularidade e uso públicos, ou titularidade privada sen ánimo de lucro, pero cedidos ao uso público, estará aberto desde o vindeiro 1 de setembro até o 15 de outubro de 2023. Tamén poden acceder ás axudas os bens que formen parte do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Con estes 80 millóns de euros en axudas, o Goberno prevé mobilizar investimentos 110 millóns e realizar máis de 100 actuacións en toda España. En Galicia, este programa ten mobilizados preto de 8 millóns de euros nos últimos anos, dos que  5,2 millóns corresponden á achega do Goberno, en actuacións como a recuperación da Casa da Veeduría na Coruña, a consolidación da muralla de Lugo, a mellora da praza da Catedral de Mondoñedo ou a restauración da Capela Maior da catedral de Ourense, entre outras.

Tui, que xa obtivo fondos de este programa para a musealización do seu conxunto catedralicio, é un dos moitos concellos galegos que se poderían beneficiar destas axudas.

INVESTIMENTOS EN TUI

O delegado do Goberno aproveitou o seu encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para lembrar o compromiso do Goberno coa localidade, que se materializa en investimentos que superan os 17 millóns de euros.

Neste senso, destacou os 2 millóns de euros que obtivo na última convocatoria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo financiados con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno.

Ese plan, denominado ‘Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza’, busca, por unha banda a recuperación das murallas, que xogan un papel moi importante na percepción da cidade histórica e, por outra, a posta en valor da zona intramuros da cidade.

Este investimento, sumado aos 330.000 euros que recibiu o concello do Plan Nacional Turístico Xacobeo, financiados tamén con cargo aos fondos do Plan de Recuperación do Goberno, supoñen, en palabras de Pedro Blanco, “un importante impulso a imaxe turística deste concello, que tamén se ve reforzada coa conservación do seu rico patrimonio”.

A este respecto, o delegado lembrou os 1,56 millóns de euros do Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) do Ministerio de Transportes, que permitiron mellorar a envolvente e a eficiencia enerxética do edificio multiusos da rúa Camilo José Cela e que posibilitarán tamén a recuperación do Teatro Principal, unha vella demanda que por fin terá resposta gracias á chegada dos fondos do Plan de Recuperación do Goberno.   

Tamén en materia de conservación do patrimonio, neste caso o natural, o delegado tamén puxo en valor os 230.000 euros da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para a construción dunha pasarela peonil na desembocadura do río Louro, ou os 935.000 euros que destina este ente ao proxecto de mellora da contorna, a accesibilidade e o patrimonio etnográfico do río Caselas.

Dinamización comercial

Mais os cartos do Goberno tamén están a contribuír á dinamización cultural da vila. Así, os 1,3 millóns da liña de axudas ao sector comercial de 2022 do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo serviu para acometer a reforma e modernización do mercado municipal e a revitalización do comercio local, unha actuación que agora se verá reforzada coa concesión doutros 724.535 euros para completar a segunda fase, que abrangue a humanización da contorna do mercado e iniciativas concretas en formación, dixitalización e sensibilización para o comercio local.

Infraestruturas

No capítulo de infraestruturas, o Concello de Tui beneficiouse nos últimos anos de varias actuacións do Ministerio de Transportes por un importe superior aos 11 millóns de euros. Destacan os 8,7 millóns do proxecto de renovación integral de infraestruturas e vía no tramo ferroviario Estación de Guillarei-Fronteira Portuguesa, que se complementa cun contrato de 864.143 euros para subministro e transporte de aparatos de vía para a renovación deste treito; os 586.530 euros para actuacións no conxunto catedralicio para usos museísticos (1,5% cultural), os 604.916 euros para a adecuación e mellora dun treito do Camiño de Santiago Portugués na N-550 e os 100.000 euros para a elaboración da Axenda Urbana.

Outros equipamentos que tamén obtiveron financiamento do Goberno foron o Centro de Cooperación Policial e Aduaneira, que recibiu 2,65 millóns de euros do Ministerio do Interior para a súa construción, ou o Centro Especializado en Tecnificación Deportiva (CETD) en remo e piragüismo do Concello de Tui, que obtivo unha axuda de 600.000 euros do Consello Superior de Deportes para a súa mellora e rehabilitación.

Todos estes investimentos, que se completan cos 4.000 euros para a creación dun aula mentor, os máis de 500.000 euros para a creación das oficinas Acelera Pyme de Tui e Cambados ou os 16.323 euros do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, “poñen de manifesto o compromiso do Goberno de España e do seu presidente, Pedro Sánchez, con Tui e con todos e cada un dos concellos de Galicia”, concluíu o delegado do Goberno.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí