Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Persoal de IKF e delegados/as da CIG mobilízanse en Vigo para forzar a intervención da Xunta no conflito

Os traballadores/as da empresa con sede na Guarda levan 32 días de folga solidaria contra a dobre escala salarial

Os traballadores/as da empresa con sede na Guarda levan 32 días de folga solidaria contra a dobre escala salarial

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Octubre de 2021

Fuente: CIG

O cadro de persoal de IKF, empresa da Guarda que fabrica materiais refractarios, mobilizáronse hoxe diante da Xunta en Vigo xunto a delegados/as da CIG para reclamar a intervención do Goberno galego no conflito laboral. Os traballadores/as levan 32 días de folga para rexeitar a dobre escala salarial que a compañía pretende prolongar no tempo e en defensa das súas condicións laborais.

A concentración ás portas da delegación do Goberno autonómico na cidade desenvolveuse entre as 11:00 e as 13:00 horas, tempo no que os afectados/as despregaron unha faixa na que se podía ler “Pola defensa dos nosos dereitos. Non máis retrocesos sociais. IKF en folga” e berraron consignas como “A igual traballo igual salario”, “IKF escoita estamos en loita” ou “Non somos escravos somos traballadores”.

Con esta protesta pretenden forzar a Xunta a intervir nun conflito que manteñen coa dirección da transnacional francesa dende o mes de xullo. Neste senso solicitaron unha reunión coa delegada autonómica, mais continúan á espera de resposta.

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, que participou na mobilización, tomou a palabra para deixar moi claro que a loita do persoal de IKF “é un orgullo para toda a central sindical” e salientou a unidade dos traballadores/as para manter “unha folga heroica” que amosa “o mellor que temos a clase traballadora, que é a solidariedade de clase”.

Ao mesmo tempo lembrou que aínda que IKF é unha empresa privada, a Xunta ten plenas competencias en materia industrial, polo que lles esixiu aos responsábeis autonómicos que a exerzan. Neste senso criticou a súa inacción, ao igual que a da propia Inspección de Traballo.

Aproveitou para cargar contra as reformas laborais de PSOE e PP, que permiten que as empresas afonden deste xeito na precarización das condicións laborais, e adiantou que a central sindical continuará a mobilizarse até conseguir derogalas. “Porque non imos permitir que continúen estes ataques contra os nosos dereitos”.

Salientou tamén o feito de que o cadro de persoal “segue a manter a dignidade” a pesar de todos os atrancos e denunciou a actitude “chulesca e soberbia” da dirección. “Que non pensen que nos van dobregar, imos apoiar esta loita até onde faga falta”.

Na concentración diante da Xunta participaron tamén outros responsábeis da CIG como o secretarios nacional e comarcal da federación da Construción, Plácido Valencia e Carlos Méndez, e o secretario da Unión Local do Baixo Miño, Fin Fernández.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí