Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PLAY-DOC ABRE CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR NA NOVA SECCIÓN DA CRÍTICA

Play-Doc convidará a críticos cinematográficos a exercer de programadores do festival.

Iván Villarmea Álvarez é licenciado en Xornalismo e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela | Foto Tamara de la Fuente

Fecha: 19 de Enero de 2015

Fuente: Play-Doc Tui

Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui volve un ano máis, co afán de asentarse coma un dos certames de non-ficción de referencia en Europa. Feito dende a máis absoluta independencia, e valorando tamén un cinema libre, por Play-Doc teñen pasado grandes lendas do medio, que influíron no seu momento na linguaxe do documental. Nomes como Artavazd Pelechian, Albert Maysles, Ross McElwee ou Lech Kowalski puxeron a Tui no mapa, levando o certame ata Nova York o pasado ano, para participar nas Best Fest Film Series, coma un dos dez certames máis destacados da tempada segundo esta organización.
Con novas datas, do 22 ao 26 de abril, o festival inaugurará seccións en 2015. A primeira delas será Resonancias, na que Play-Doc convida a tres críticos cinematográficos - sen importar se traballan en prensa, revistas, medios online, ou audiovisuais - a programar no festival. O espírito da proposta é o da diversidade e a participación de todo o sector. Por iso,  ata o 8 de febreiro, ábrese unha convocatoria para elixir os críticos que, coas súas propostas, seleccionen os filmes que finalmente formarán parte de Resonancias. Só precisan acreditar a súa pertenza á profesión mostrando un currículo, e enviar textos defendendo os filmes en cuestión. As bases xa poden consultarse na web de Play-Doc.
O nome da sección, Resonancias, remite aos ecos, as diversas interpretacións, que un filme pode despertar en distintos espectadores, pois eses son os obxectivos da sección: poñer a dialogar o público coa crítica, e funcionar como punto de encontro profesional e de intercambio de ideas para esta última. Dende un punto de vista máis filosófico, o cinema funciona por mecanismos de identificación. É dicir, unha imaxe remite a unha memoria (individual ou colectiva), crea unha resonancia na nosa mente, que fai que nos identifiquemos co que se representa na pantalla. Outra das ideas da sección é a de facilitar un espazo de programación ás xeracións máis novas, que a miúdo teñen dificultades para comezar a traballar en festivais internacionais. Ao tempo, procúrase o diálogo entre distintas xeracións e modos de ver a crítica, habitualmente separados e sen relación, cando son máis os puntos que teñen en común que as súas diferencias.
Amais dos tres títulos elixidos polos críticos, o festival engadirá algunhas películas realizadas por críticos-cineastas, que participarán noutros eidos do certame, coma o obradoiro de crítica cinematográfica, organizado en 2014 con éxito de crítica e público, e que se repetirá en 2015. O seminario contará con profesionais de probado prestixio. Os nomes e contidos deste ano anunciaranse en breve. Con estas actividades, Play-Doc pretende, mantendo a súa liña artística, diversificar en públicos e promover a participación no festival de cinéfilos e profesionais, que cada ano se achegan a Tui para gozar de cinco días do mellor cinema de non ficción da tempada.
 
A sección Resonancias está proposta e coordinada pola Asociación Cultural Convergencias de la Crítica Cinematográfica, que o pasado novembro xa organizou con éxito de público e crítica un programa similar no Festival Internacional de Cinema de Xixón. Os críticos Martín Cuesta e Iván Villarmea, membros da asociación, serán os encargados de catalogar as propostas enviadas e seleccionalas de acordo a criterios de excelencia e representatividade; para que Play-Doc se encargue da xestión deses títulos.
MARTÍN CUESTA
Martin Cuesta estudou Dereito e Historia pero a súa verdadeira vocación desenvólvese en torno a todo o que teña que ver co cinema. Dirixe dende 2011 o medio dixital Cinema ad hoc, co que ten cuberto festivais como Cannes, Berlín ou San Sebastián. É co-autor do libro de ensaio Steampunk cinema (VV.AA., Tyrannosaurus Books, 2013) e na actualidade coordina a sección Convergencias do Festival de cinema de Xixón.
IVÁN VILLARMEA
Iván Villarmea Álvarez é licenciado en Xornalismo e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en filoloxía inglesa pola Universidad de Zaragoza. Dende 2013, co-dirixe a revista A Cuarta Parede, para a que co-editou o volume Jugar con la Memoria. El Cine Portugués en el Siglo XXI (Shangrila, 2014). Dentro duns meses, ademais, publicará o seu primeiro libro monográfico, titulado Documenting Cityscapes. Urban Change in Contemporary Non-Fiction Film (Columbia University Press, 2015).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones