Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

PLAY-DOC INICIA HOXE A SÚA DÉCIMA EDICIÓN

Os directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, acompañados de Jacobo Sutil, director da AGADIC, e Moisés Rodríguez, alcalde de Tui; participan na sesión de apertura, que conmemora o décimo aniversario con curtas de Bogdan Dziworski

Fecha: 02 de Abril de 2014

Fuente: Play-Doc

Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui, que se celebra do 2 ao 6 de abril, terá hoxe a súa sesión inaugural ás 20:30 no Teatro Municipal de Tui. O director de AGADIC Jacobo Sutil, o alcalde de Tui Moisés Rodríguez, e os directores desta cita, Sara García e Ángel Sánchez; serán os encargados de inaugurar esta edición, que se abre cun conxunto de curtametraxes de Bogdan Dziworski. Este realizador foi un dos homenaxeados doutras edicións. Precisamente no seu décimo aniversario, Play-Doc quere facer repaso da súa traxectoria, programando obras de cineastas que marcaron esta primeira década de certame. Nomes coma os de Artavazd Pelechian, Ross McElwee, Jay Rosenblatt ou Albert Maysles, entre outros.
 
A segunda sesión no día inaugural será a de É na Terra não é na Lua, dirixida polo luso Gonçalo Tocha. Esta película, un conxunto de retratos na illa do Corvo, nas Azores, é só a primeira dun pequeno ciclo que Play-Doc lle dedica ao cinema portugués recente. A cinematografía do país veciño terá un especial protagonismo nesta edición, coa presentación do libro Jugar con la memoria. El cine portugués en el siglo XXI, primeira monografía en español sobre esta última xeración de cineastas lusos que, coma os galegos, están a experimentar un auxe crecente. Por esta razón, o festival tampouco se esquece de dedicar unha sección aos traballos feitos en Galicia, para dar a coñecer o que se está a facer na rexión; así como de poñer en marcha un Laboratorio de Apuntes Fílmicos, no que catro directores galegos (Eloy Enciso, Marcos Nine, Otto Roca e Ángel Santos) filman material en torno á idea da "transformación".
 
En 2014, o convidado especial será o mexicano Nicolás Pereda, un dos máximos valores do seu país, un cineasta que se move entre a ficción e o documental para palpar a realidade de México coa súa cámara. Play-Doc dedícalle unha retrospectiva completa, estreando en España os seus filmes máis recentes, Matar extraños e El palacio. Tamén ofrecerá unha clase maxistral. A este ciclo súmase unha sección oficial con seis títulos, todos eles cunha tendencia etnográfica.
 
Outra das pedras angulares do festival é Play-Doc Live!, sección que intenta establecer diálogo entre o cinema e a música, mostrando documentais con esta temática, e ofrecendo un concerto para animar a noite do sábado 5 de abril. Este ano, Novedades Carminha presenta o seu esperado disco Juventud infinita, un álbum que xa está a colleitar moi boas críticas nas súas primeiras semanas de vida, e a obter entusiastas comentarios por parte do público. Acompañaranos no concerto Sequin e Malandrómeda para ir abrindo boca. E, na sala de cine, un conxunto de filmes musicais, entre eles o que trata a vida de The Doors, When You're Strange, narrado polo popular actor Johnny Depp.
 
Completan o programa do festival actividades paralelas coma o debate en torno á distribución de filmes galegos fóra dos circuítos comerciais, que terá lugar o domingo 6; ou o seminario sobre crítica de cinema, que se desenvolve ao longo da fin de semana.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí