Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Play-Doc pecha edición festexando o cinema doméstico feito en Tui

Unha xornada con protagonismo do cinema galego e na que o festival leva ao Paseo Fluvial unha verbena tropical con Esteban & Manuel en directo

Unha xornada con protagonismo do cinema galego e na que o festival leva ao Paseo Fluvial unha verbena tropical con Esteban & Manuel en directo

Fecha: 01 de Mayo de 2018

Fuente: Play-Doc Tui

A pantalla do 14º Play-Doc botará o peche o martes 1 de maio cunha xornada de celebración da comunidade e do cinema doméstico, aquel feito no seu momento para o arquivo familiar e que, co tempo, revélase en interesantísimo documento social. Un programa de cercanía, o do martes 1, que celabra o Día do Cinema Doméstico, reúne por segundo día consecutivo o máis destacado do cinema galego de hoxe, ofrece a segunda oportunidade de ver a xoia do cine africano La noire de.. E poucas cousas unen máis á comunidade cunha boa verbena, así que o primeiro de maio ás 13h o Play-Doc trasládase ao paseo fluvial de Tui para convidar a veciñanza e público ao concerto de Esteban & Manuel, en colaboración con Sinsal SON Estrella Galicia.

O Dia do Cinema Doméstico é un evento cinematográfico que recupera e proxecta películas Súper 8 para lembrar as vivencias dos anos 60, 70 e 80. Tras localizar e dixitalizar 7.000 metros de película olvidadas en trasteiros e faiados de Tui, Play-Doc xunto á Cinematográfica e Cafés Candelas, organizan a proxección ás 20:30 dunha selección de materiais filmados durante aqueles anos. Unha oportunidade emocionante para reunir á comunidade e compartir as películas que retratan a historia familiar dos habitantes de Tui, dando a importancia persoal, histórica e social que merece o cine doméstico. Para a organización do festival, despedir esta edición ao redor dos habitantes de Tui e do seu cine é un motivo de alegría despois de meses de traballo e ilusión ao redor deste material fílmico.

A Cinematográfica encargouse nesta edición de Play-Doc de impartir dous talleres da artesanía do cine, para adultos e pequenos; os resultados do primeiro serán exhibidos tamén nesta xornada de clausura.

Cinema galego na xornada de peche
Se o luns vimos as curtas de Ángel Santos, Gonzalo E. Veloso e Adrián Canoura, o martes 1 o cinema galego volve a reunirse en Tui cun programa que inclúe a proxección de Os fillos da vide (2017) de Ana Domínguez (18:30), no que a autora introdúcese nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións: os viñedos, a vendima e o viño. Un ritmo artesanal, o da relación coa terra, co que a directora impregnou á construción da película.

Na sesión de curtas galegas do martes 1 de maio: O salvaxe leva o seu tempo (Oliver Laxe, 2018), "un retrato de seres indomables", Nueva Galicia (Iván Nespereira, 2017), unha viaxe buscando o rastro dos migrantes europeos no Amazonas, e O fareiro de Sálvora (Gloria Vilches, 2017), na que a directora recolle a historia do seu avó, fareiro desde 1980 até a automatización do faro. Traballo moi acaído no Día do Cinema Doméstico, xa que Gloria Vilches acompaña o relato oral con imaxes amateur en Súper 8 da illa e do faro.

(Anti)heroínas

Se o luns 30 asistiamos á estrea española do magnífico clásico Streetwise (Martin Bell, 1984), o ciclo (Anti)heroínas ofrece o martes 1 unha segunda oportunidade de non perderse a proxección de La Noire de.. para quen non puidera vela o pasado domingo. Realizada por Ousmane Sembène, "o pai do cine africano", en 1966, La Noire de...pasou á historia como a primeira película realizada por un director negro na África subsahariana, e en ter a unha muller como protagonista. A medio camiño entre a narración tradicional africana, o neorrealismo e o cine experimental, esta moi celebrada ópera prima que relata as desventuras dunha moza senegalesa que vai a Francia a traballar no coidado dunhas crianzas, obtivo o prestixioso galardón Jean Vigo o ano da súa estrea. A pesar de restaurarse en 2015, este clásico continua sendo un grande descoñecido para o público xeral.


Esteban & Manuel, verbena no paseo fluvial
Esteban & Manuel son un fenómeno da música que procede da Coruña. E este ano veñen á xornada de peche de Play-Doc co seu estilo de música tropical, que eles mesmos denominan cumbiatune. En colaboración con Sinsal SON Estrella Galicia, un evento irmandado con Play-Doc na súa vontade de descubrir talento creativo nun ambiente relaxado e coa proximidade do público, o festival de Tui presenta esta proposta de baile ao aire libre para o mediodía do martes 1 de maio, no paseo fluvial de Tui. Co seu primeiro disco "La banda sonora de tu día a día" (La Melona, 2017), Esteban & Manuel convertéronse nunha sorpresa non só no panorama musical galego, senón tamén fóra, especialmente tras o seu paso polo Monkey Week (Sevilla) o pasado ano. Sen complexos, estes dous amigos amantes da música latina con apariencia un chisco demodé, serán os encargados de traer a verbena ao 14º Play-Doc.

Axenda martes 1 maio
Paseo fluvial de Tui
13:00-16:00. Esteban & Manuel. Concerto e verbena tropical
Teatro Municipal de Tui
17:30. Proxección obradoiro de cinema 16mm
18:30. Os fillos da vide. (Ana Domínguez, 2017)
19:30. Cinema galego curtas
20:30. Día do Cinema Doméstico
21:30. La Noire de.. (Ousmane Sembène, 1966)
22:30. Filme gañador edición
 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones