Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PLAY-DOC PREPARA XA A SÚA SELECCIÓN LOGO DE RECIBIR MÁIS DE 500 OBRAS DE 85 PAÍSES

A duodécima edición do consolidado festival terá lugar do 13 ao 17 de abril próximos en Tui (Pontevedra)

Amais de contar cunha coidada selección de títulos de cada tempada, o certame é coñecido por traer a España a grandes lendas do xénero documental. Foto: Tamara de la Fuente

Fecha: 23 de Diciembre de 2015

Fuente: Play Doc Tui

Play-Doc Festival Internacional de Documentais pechou a pasada semana o seu plazo para presentar obras. Responderon a esta chamada máis de 500 cineastas de 85 países de todo o mundo, especialmente de Europa e América en grandes números, e en menor medida propostas de Asia, África e Oceanía. Play-Doc caracterízase por contar en cada edición cunha sección competitiva diversa, que integra títulos de varias procedencias e estilos, sempre no ámbito do documental de autor máis vangardista e arriscado.

Play-Doc cumpre xa 12 anos, nos que soubo aunar o seu grande éxito de público cun importante recoñecemento nacional e internacional, o que o converteu nunha das citas obrigadas dentro do panorama de festivais en toda España. Son habituais as súas colaboracións con otros importantes festivais como Sarajevo, Jihlava ou Dokufest. Hai dous anos a iniciativa Best Fest Film Series de Nova York, que selecciona os 10 certámenes máis interesantes de cada tempada en todo o mundo, elixiuno polo seu grande traballo en 2013.

Amais de contar cunha coidada selección de títulos de cada tempada, o certame é coñecido por traer a España a grandes lendas do xénero documental, como Artavazd Pelechian, Albert Maysles, Jay Rosenblatt ou Lech Kowalski, que foron os protagonistas de anteriores edicións.

Para 2016, o festival xa ten un nome en mente, que anunciará en xaneiro. Trátase dun cineasta de prestixio, que contará amais cunha publicación bilingüe en inglés e español, editada polo festival; a primeira monografía que se lle dedica - mesmo en inglés - a un artista que leva acumulando eloxios de importantes críticos e colegas realizadores dende finais dos 70.

O resto de títulos que se integrarán nas diferentes categorías que conformarán a selección do festival para a súa edición de 2016 iranse dando a coñecer nos próximos meses.

Incertidume orzamentaria
Sorprende que a pesar da súa notable traxectoria, do grande respaldo popular e de ser considerado un grande referente da cultura en Galicia, o festival siga convivindo cunha delicada situación orzamentaria que cada ano pon en risco a realización do mesmo.

O festival tudense xa está traballando na procura de finanzamento público e privado así como a colaboración doutras entidades para levar a cabo o seu ambicioso programa, mais de cara a esta nova edición volven ser moitas as incógnitas en canto aos apoios institucionais se refiere e así, dende a organización manifestan a súa seria preocupación pola falta de noticias por parte de, entre outros, a Xunta de Galicia ou a Deputación de Pontevedra, cos que aínda non conseguiron reunirse.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones