DECRETO DE CONVOCATORIA DE PLENO EXTRAORDINARIO.
Dacordo co disposto no artigo 46.2 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, os plenos extraordinarios celebraránse cando o decido o Alcalde ou o solicite a cuarte parte do número legal de membros da corporación,
Vista a solicitude de pleno extraordinario presentada por tres concelleiros da oposición o pasado 16 de agosto ( R.E.2071)
De conformidade co disposto no artigo 46.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, que preve a convocatoria dos plenos así solicitados no prazo de 15 días hábiles desde a solicitude, esta Alcaldía-Presidencia
RESOLVE:
PRIMEIRO: Convocar a Se sión Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar o día xoves 26 de agosto de 2021, ás 08:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quorum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DIA
1.- Actuacións levadas a cabo por parte da Alcaldía de Oia para solucionar o problema sanitario.
2.- Posta en marcha de medidas adecuadas para frenar o desprestixio palpable da relación médico paciente acrecentado nestes ultimos meses.
3.- Garantía de consulta clínica presencial antes das 48 horas tras a demanda dos cidadáns.
4.- O pronunciamenteo do pleno en favor dunha sanidade pública e de calidade.
SEGUNDO: Notificar a presente Resolución aos Sres. Concelleiros, advertíndo-lles que, conforme ao disposto, polo artigo 12.1 do citado RD 2568/86 do 28 de novembro, deberán comunicar ca antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir a citada sesión.
TERCEIRO: Ordenar a publicidade desta convocatoria a través da sede electrónica e prensa local.


