Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pontón: Anxela será alcaldesa do Rosal por moito tempo porque fixo un traballo extraordinario a favor deste concello

O BNG logrou que O Rosal avanzase máis en catro anos que en trinta, o hai mellor aval para pedir o apoio da veciñanza nas eleccións do 28M

O BNG logrou que O Rosal avanzase máis en catro anos que en trinta, o hai mellor aval para pedir o apoio da veciñanza nas eleccións do 28M

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2023

Fuente: BNG

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a presentación da candidata á Alcaldía do Rosal, a actual rexedora Ánxela Fernández, para expresar o seu “orgullo con maiúsculas”  vendo todo o que o BNG foi capaz de lograr no concello nun tempo récord, facendo que o municipio “avanzase máis nestes catro anos que nos últimos trinta, da man de Ánxela como a mellor capitana dun gran equipo de goberno”.

 

O BNG, recalcou Pontón, ten un modelo municipal de éxito que hoxe é referente en toda Galiza, destacando que O Rosal é un “exemplo excelente” dese modelo que funciona, que mellora a vida das persoas e que fai que vilas e cidades avancen.

 

“É un orgullo ver como os gobernos municipais do BNG transforman vilas e cidades, como colocan ás persoas no centro da acción política mellorando a vida dos veciños e das veciñas, como xestionan con eficacia e practican unha política transparente, de portas abertas á participación da veciñanza. Como fixo Ánxela no Rosal”, subliñou.

 

Igualmente, destacou que seguindo ese modelo municipal, o goberno liderado por Fernández apostou polos servizos públicos, puxo en marcha políticas de benestar social e en defensa do medio ambiente, recuperando e rehabilitando, ademais, o espazo público para ás persoas.

 

“Os gobernos municipais do BNG teñen capacidade de ilusionar e de dar esperanza no futuro, de aportar dinamismo económico, social e cultural, como demostrou  Ánxela aquí no Rosal con todo o seu equipo de goberno”, recalcou a líder nacionalista.

 

Co aval dese gran traballo, Pontón amosouse convencida de que “queda moito tempo por diante de Ánxela como alcaldesa do Rosal, porque volverá recibir o apoio masivo dos veciños e das veciñas este 28M, dos que confiaron en nós fai catro anos e de todas as persoas que valora o gran traballo do goberno municipal, unha auténtica revolución en positivo”.

 

A líder do Bloque botou a vista atrás para lembrar que hai catro anos O Rosal era un concello que esmorecía, paralizado no tempo e sen pulso. “Hoxe está convertido nun referente dentro da comarca do Baixo Miño”, indicou.

 

“Para manter esa liña de progreso e de ilusión, volverá ser alcaldesa do Rosal, impulsando o proxecto de presente e de futuro que representa o BNG”, recalcou.  “Sei que o BNG vai ter un resultado electoral impresionante o 28M porque nos avalan os feitos e nada mellor que poder pedirlle a confianza aos veciños e as veciñas con esa gran carta de presentación”, subliñou.

 

A partir do 28 de maio, baixo o liderado de Fernández, o concello seguirá avanzando na recuperación do espazo público; nunha xestión eficaz, conseguindo investimentos para sacar adiante os proxectos que precisa o municipio.

 

Un goberno BNG é a garantía de que O Rosal continúa o seu avance en benestar social; en feminismo e igualdade, que proseguirá a senda da creación de riqueza e emprego, potenciando a economía local e que manterá o impulso á cultura, ao deporte e á participación cidadá.

 

Pontón destacou na súa intervención que a formación nacionalista será a forza política que máis suba nas eleccións municipais, “multiplicando a nosa representación ao longo e ancho do País, con más alcaldías, con máis concelleiros e concelleiros,  avanzando no reto de darlle a Galiza un goberno e unha presidenta coas mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas”, concluíu.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí