Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pontón augura que Fernández seguirá sendo alcaldesa do Rosal, un concello exemplo dos gobernos BNG de calidade

Hoxe o municipio é máis integrador, sustentable, social e dinámico cun equipo de goberno que pon á veciñanza do centro da acción política

Hoxe o municipio é máis integrador, sustentable, social e dinámico cun equipo de goberno que pon á veciñanza do centro da acción política

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Mayo de 2023

Fuente: BNG O Rosal

 A portavoz nacional, Ana Pontón, estivo no mitin do Rosal para acompañar a actual alcaldesa e candidata á reelección, Ánxela Fernández, de quen destacou o seu compromiso e a súa capacidade para, en só catro anos, poñer en marcha o modelo municipal de éxito do BNG e lograr un concello máis inclusivo, social, sustentable e dinámico.

 

En apenas catro anos, xa vemos neste concello o que supón aplicar o modelo municipal do BNG, aí está ese urbanismo que coloca ás persoas no centro, que aposta polo benestar da veciñanza cunha axenda estable de cultura, lecer e deporte que chega a todas as parroquias; con programas a favor da conciliación das familia, multiplicando o investimento en dependencia.

 

O modelo municipal do BNG no Rosal supón ter hoxe un concello máis inclusivo facendo accesibles os equipamentos públicos; máis participativo, permitindo a implicación directa da veciñanza e tamén un concello orgulloso do seu, que recupera o patrimonio inmaterial. Un concello máis sustentable, que aposta pola compostaxe, con mais mobilidade para as persoas, que preserva o seu entorno natural e que fai do coidado do medio natural un sinal de identidade, destacou Pontón.

 

Dentro desa aposta pola preservación destaca o gran proxecto do anel verde do Miño, actuación estratéxica para todos os concellos da contorna, “e por iso, Ánxela, quero dicirche a ti a toda a veciñanza, que tendes o meu compromiso de que, como presidenta de Galiza, “sacaremos adiante a senda verde do Miño porque é unha proposta de País”.

 

Por todo o avanzado, subliñou Pontón, “Anxela Fernández é unha gran alcaldesa e seguirá sendo unha gran alcaldesa para O Rosal tras o 28 de maio, porque o mellor para este concello aínda está por vir”, proclamou.

 

O BNG demostra no Rosal que ten un modelo municipal capaz de aportar as solucións máis vangardistas aos retos deste século XXI, retos como o da mobilidade, o do cambio climático, o da xestión de residuos, o da preservación do medio ambiente. “E este modelo é o que queremos trasladar a todo o País, porque precisamos máis BNG e menos PP nos concellos para lograr que Galiza avance, porque o BNG representa o entusiasmo, a ilusión e o optimismo que os galegos e as galegas necesitan para construír unha nova Galiza, concello a concello”.

 

“Imos ter un gran resultado no Rosal, porque a veciñanza quere seguir construíndo este novo concello, man a man coa súa alcaldesa, co seu equipo e con proxecto de futuro, de benestar social, de calidade de vida do BNG”, destacou na súa intervención.

 

Un gran resultado que Pontón fixo extensible ao conxunto de Galiza “porque imos ser a forza política que máis suba, con máis concelleiros e concelleiras, con máis alcaldes e alcaldesas”.

 

“Cada día que pasa, en cada acto, en cada mitin vexo más forza, vexo como medra a corrente de simpatía cara o BNG, vexo como cada vez son máis os galegos e as galegas que miran para nós para poñer en marcha unha Galiza en grande, esa Galiza que aspiramos a liderar como alternativa real ao PP”.

 

Chamamento á participación

 

“Quero facer un chamamento á mobilización e á participación masiva de cara ao próximo 28 de maio, a concentrar todo o voto rebelde, inconformista e de País no BNG; porque encher as urnas de papeletas BNG é garantía de gobernos municipais de calidade, que transforman e melloran a vida das persoas, encher as urnas de papeletas BNG é a mellor maneira de derrotar ao PP e empezar a construír unha nova Galiza, concello a concello”, proclamou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí