Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pontón destaca o papel dos concellos BNG na cooperación transfronteiriza xerando dinamismo económico e social

Destaca a proposta de xestión conxunta do espazo natural do Miño

Destaca a proposta de xestión conxunta do espazo natural do Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Mayo de 2023

Fuente: BNG

A portavoz nacional, Ana Pontón, estivo en Tomiño para falar de cooperación transfronteiriza con Portugal que impulsan os concellos do BNG suplindo a inacción de Goberno central de da Xunta, con proxectos como a xestión conxunta do espazo natural do Miño, apostando tamén pola cooperación en cuestións de medio ambiente, un asunto crucial de presente e de futuro.

Ademais de lanzar a proposta de xestión conxunta do espazo natural do Miño, a líder do Bloque abordou en Tomiño a importancia da colaboración transfronteiriza con Portugal, -que xa impulsa o BNG tanto desde os concellos como desde a deputación de Pontevedra-, nun encontro coa alcaldesa de Tomiño e candidata á reelección, Sandra González; a alcaldesa do Rosal e candidata á reelección, Ánxela Fernández; así como coa candidata de Tui, Carme Núñez, o candidato de A Guarda, Anxo Baz e Mercedes Martínez, alcaldesa da entidade local de Camposancos.

“Hoxe estamos aquí para recordar a importancia estratéxica que ten para Galiza a relación con Portugal, en particular para todos os concellos que integran a Eurorrexión, unha cuestión clave, desde o punto de vista económico e social, pero que o Goberno central e o Goberno da Xunta ignoran case por completo”, destacou Pontón.

Máis aló dos vínculos históricos,  Portugal é un país “co que nos unen asuntos de futuro como as infraestruturas, a cohesión territorial, a economía ou a investigación e desde o BNG estamos facendo o que non fai o Goberno do PP: establecer instrumentos de cooperación transfronteiriza tanto desde os concellos como desde a Deputación de Pontevedra”, explicou.

Cun obxectivo: apostar pola cooperación para potenciar o desenvolvemento de todos os concellos implicados, creando sinerxías e oportunidades que beneficien a todos os municipios.

“En definitiva, facer da fronteira co veciño Portugal un lugar de oportunidades e non de conflito”, destacou, “e mentres o PP na Xunta está cruzando de brazos, os concellos do BNG traballan na cohesión territorial, captan e xestionan fondos para financiar proxectos transfronteirizos que melloran a calidade de vida das persoas a un lado e outro do Miño e así imos seguir con máis forza tras o 28M”, concluíu.

Pola súa parte, a alcaldesa de Tomiño puxo en valor a eurocidade Tomiño-Cerveira operativa desde 2008, “e estamos moi orgullosos de todo o que levamos feito en cooperacións transfronteiriza, levamos anos traballando en proxectos tan interesantes como o orzamento participativo transfronteirizo, as valedoras da cidadanía, proxectos que son para nós emblemáticos e que teñen merecido recoñecemento a nivel internacional, a nivel europeo”, explicou.

“Queremos remarcar é que o 30% dos cidadáns europeos viven nunha fronteira  interior da Unión Europea, máis de 130 millóns de veciños e veciñas europeos, por iso o que reclamamos dos estados é que se afaste desa visión centralista, que se centren nos veciños que atravesamos diariamente esta fronteira para traballar, para compartir servizos, como é o caso desta eurocidade Cerveira-Tomiño, porque compartimos esa piscina municipal, por exemplo, e que se fagan políticas acaídas máis alá das

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí