Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pontón felicitou ao goberno do BNG no Rosal que recupera a feira do viño nunha renovada praza do concello como espazo de encontro para a veciñanza

Destaca a calidade dos caldos do Rosal e o bo facer das adegas que forman o sector vitícola, estratéxico no económico e para o emprego

Destaca a calidade dos caldos do Rosal e o bo facer das adegas que forman o sector vitícola, estratéxico no económico e para o emprego

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Octubre de 2022

Fuente: BNG

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a visita á feira do viño do Rosal para destacar o gran traballo de transformación e de avance do municipio que está levando a cabo o equipo de goberno que lidera a alcaldesa Anxela Fernández, tomando como exemplo a recuperación dunha nova edición da feira que se celebra precisamente nunha renovada Praza do Calvario.

 

“É un orgullo estar nesta praza convertida nun lugar de encontro e de convivencia da veciñanza e convertido tamén nun símbolo de como goberna o BNG desde os concellos: transformando en positivo para mellorar a vida das persoas, neste caso humanizando e recuperando para os veciños e as veciñas un espazo público emblemático como é a praza do concello”, indicou.

 

A líder do Bloque destacou a coidada rehabilitación, poñendo en valor o patrimonio da vila e convertida agora no centro da actividade económica, da vida social de convivencia do concello, un espazo público de calidade, máis verde, inclusivo e accesible. “Así é como traballa o BNG desde os concellos, a favor das persoas”, recalcou, parabenizando á alcaldesa e a súa equipa de goberno.

 

Pontón sumouse á Fernández á hora de valorar que a 30º da feira do viño non é unha cita máis, senón o certame do “reencontro” despois de dous anos de limitacións pola pandemia.

 

“É unha edición moi especial porque se recupera por completo a presencialidade da feira despois destes dous anos tan duros e porque, como destaca  a propia alcaldesa,  está a ter a máis variada e completa programación, para difundir os viño das adegas, pero tamén gastronómica, musical, deportiva e, cun aspecto que quero destacar especialmente, o seu carácter inclusivo en especial con eses xogos da empatía, umha gran iniciativa do goberno local”, presumiu a portavoz nacionalista.

 

Pontón subliñou a importancia do sector vitícola, estratéxico en termos económicos e de creación de emprego en concellos como o do Rosal e a comarca do  Baixo Miño, polo que felicitou a todo o sector e ás adegas pola calidade dos caldos que producen, cunha gran aceptación no mercado tanto dentro como fora de Galiza.

 

“Quero destacar o papel de todas as adegas e felicitalas, porque trinta anos de feira do viño significa trinta anos facendo un gran traballo, apostado pola calidade. Falamos dun sector clave para o Rosal pero tamén para o conxunto de Galiza”, recalcou, animando a desfrutar da última xornada do certame.

 

Pontón fixo fincapé no feito de que o sector vitícola tamén resulta estratéxico polo papel que xoga á hora de preservar o territorio, fixar poboación e impulsar outras actividades, como o turismo e a cultura. “O sector vitivinícola significa un territorio vivo, un rural vivo, significa concellos nos que vivir e traballar, con benestar social e con servizos, tamén no interior de Galiza”, argumentou.

 

A 30 edición da Feira do Rosal conxuga o negocio do viño, a promoción económica dos caldos da comarca coa promoción da actividade turística e todo que implica, mesmo tamén de socialización e de encontro despois de dous anos de forzosa separación social.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí