Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Pontón propón habilitar un fondo extraordinario de axudas para reparar os danos causados polas riadas

O BNG demanda ao Executivo que contacte cos concellos e pacte un plan de recuperación das infraestruturas danadas, implicando tamén á FEGAMP

O BNG demanda ao Executivo que contacte cos concellos e pacte un plan de recuperación das infraestruturas danadas, implicando tamén á FEGAMP

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Enero de 2023

Fuente: BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou Tomiño para coñecer in situ os danos causados polas fortes choivas dos últimos días, que causaron fortes danos en case todos os municipios da Comarca do Baixo Miño como Tui, A Guarda ou O Rosal. Os danos afectaron a infraestruturas de todo tipo: pontes, estradas, instalacións deportivas, parques infantís e bens patrimoniais de gran valor cultural. Por iso, Pontón insta ao Goberno do PP a poñerse en contacto cos responsables municipais e pisar o territorio.

“Estamos ante un Goberno do Partido Popular que, moitos días despois dos danos causados polas intensas choivas, nin está, nin se lle espera, amosándose unha vez máis insensible ante os problemas da xente do común, instalado na rutina, sen pulso político e incapaz de dar solucións” declarou. De feito, recriminoulle ao presidente da Xunta que “nin sequera” visitase as zonas afectadas.

Por contra, a líder do Bloque visitou os danos provocados no concello de Tomiño, como os rexistrados na fortaleza de Goián, e avanzou as medidas propostas polo BNG no Parlamento para poder solucionalos. En primeiro lugar, a formación nacionalista propón habilitar unha partida extraordinaria de axudas para afrontar os gastos de reparacións. En segundo lugar, propuxo aprobar un plan de protección, conservación e restauración dos bens culturais afectados polas riadas. E, desde logo, instou á Xunta a que estableza contacto cos concellos afectados e avalíe os danos.

“Neste momento hai que estar do lado dos veciños e das veciñas, falar coas persoas afectadas, falar cos representantes dos gobernos locais para poñerse a súa disposición ofrecendo axuda, ofrecendo medios, ofrecendo recursos. En definitiva, aportando solucións” concluíu Pontón.  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí