Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Posición do BNG da Guarda sobre as obras na praza da Igrexa de Santa María

Desde o BNG entendemos que a intervención na praza da Igrexa do grupo de goberno do PSOE incumpre os puntos 25, 26 e 27 da resolución de Patrimonio dunha maneira evidente.

Desde o BNG entendemos que a intervención na praza da Igrexa do grupo de goberno do PSOE incumpre os puntos 25, 26 e 27 da resolución de Patrimonio dunha maneira evidente.

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Junio de 2022

Fuente: BNG A Guarda

O BNG está a favor de todas aquelas humanizacións que sirvan para mellorar a vida da veciñanza.

Chamarlle humanización a unha obra que dificulta o paso de vehículos esenciais (bombeiros, ambulancias, etc)  ou incrementa barreiras para o acceso a comercios e vivendas  é cando menos discutíbel.

 

O expediente núm.: 2020/1687 da Dirección Xeral de Patrimonio sobre as obras que realiza o Concello da Guarda no entorno da Igrexa no seu apartado 25 di “Para unha correcta revalorización do petróglifo deberíase considerar destapar unha superficie máis ampla da rocha sobre a que está gravado e recuperalo integrado nun espazo de zona verde que podería funcionar como elemento disuasorio dos vehículos”.

 

No apartado 26 o mesmo expediente dí:  “A proposta enche e satura o espazo de mobiliario, que tamén supón un obstáculo para a apreciación dos bens do patrimonio cultural.  Disporíanse moitos bancos, cando xa hai numerosos bancos corridos na contorna. Unhas pequenas xardineiras en continuidade con estes, levarían a un axardinamento estraño da contorna. Non se trata dunha mínima intervención xa que se dispoñen moitos elementos, moitos máis dos que pode admitir este espazo. Este é o punto clave. Énchese o espazo de elementos para que non aparquen os coches. Substitúense os coches por mobiliario, pero o espazo seguiría ateigado”.

 

No apartado 27. O Consello Asesor dos Camiños de Santiago, en xuntanza do 22.12.2020,  emite un ditame desfavorable ao solicitado, entendendo que só sería compatible a actuación  se se reduce a proliferación de elementos de mobiliario e xardinaría e se desafoga ambientalmente o espazo inmediato ao petróglifo cun tratamento natural e respectuoso co elemento.

 

O expediente acaba concluíndo que para ter un informe favorable  “a execución das obras teñen que adaptarse as condicións recollidas nos puntos 25, 26 e 27 dos antecedentes e consideracións técnicas desta resolución”.

 

Desde o BNG entendemos que a intervención na praza da Igrexa  do grupo de goberno do PSOE  incumpre  os puntos 25, 26 e 27 da resolución de Patrimonio dunha maneira evidente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí