Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Posición do BNG da Guarda sobre os orzamentos do Concello para o 2021

Anxo Baz -O PSOE nunca tivo vontade real de negociar nada con ningún outro grupo-

Anxo Baz -O PSOE nunca tivo vontade real de negociar nada con ningún outro grupo-

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Diciembre de 2020

Fuente: BNG A Guarda

O debate creado nos últimos días  polo Alcalde e polo  grupo de goberno do PSOE da Guarda sobre a aprobación dos orzamentos,  non pasan de ser unha mera cortina de fume para tapar o descrédito deste goberno e da súa falta de atención aos verdadeiros problemas que sufre A Guarda. Non debemos esquecer que  levan sen presentar orzamentos desde o 2018 o que demostra o seu desleixo e ausencia de proxecto para este pobo.

 

O portavoz municipal do BNG Anxo Baz, manifestou “ o PSOE nunca tivo  vontade real  de negociar nada con ningún outro grupo.  A lei facilítalles levar adiante a súa proposta de orzamento sen  cambiar absolutamente nada. De non presentar o  BNG co PP unha moción de censura, cousa que todo o pobo da Guarda sabe que non vai ocorrer, os orzamentos quedarán aprobados automaticamente ao cabo dun mes despois de presentada a moción de confianza tal e como marca a lei”.

 

Os orzamentos  son o  documento económico no que se sustenta un proxecto de pobo. Ao largo deste mandato as diferenzas do BNG co actual grupo de goberno foron notorias e manifestas en cuestións  centrais para poder  iniciar un proceso de  transformación paulatino  da Guarda en aspectos tan transcendentes como a mobilidade e  a recuperación do espazo público para as persoas,  as estratexias para diminuir a emisión de gases á atmosfera, a promoción e potenciación do comercio local, etc.

 

Os orzamentos presentados para o 2021 polo grupo de goberno non saen deste guión,  esquecendo acordos plenarios  como o proxecto de  remodelación da  praza de abastos ou reivindicacións históricas como a  apertura da rúa Inguieros.

 

De teren o máis mínimo interese en negocialos  con algún outro grupo, presentaríanos  acompañados dunha proposta de inversións para o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A razón é simple, as inversións reais destes orzamentos rondan os 100.000 €, o plan Concellos supera os 600.000 €. Que grupo político cun mínimo de criterio vai negociar unha partida de 100.000 € e esquecerse dos 600.000€ que veñen do Plan Concellos?

 

A maiores o grupo de gobernos fai  anuncios nos medios de comunicación  de  incrementos en partidas como a de emerxencia social  nun 20%, que simplemente son  falsos. No exercicio do 2020 adicouse  para este concepto 14.820€ máis dos  que aparecen nesta proposta de orzamentos.  Desaparecen tamén partidas como a de emerxencia social do Centro de Información a Muller , a pesar de que no último pleno se aprobou por unanimidade incrementala.

 

Por todos estes motivos o BNG votou en contra destes orzamentos no pleno celebrado o pasado 18 de decembro. A  presentación da moción de confianza por parte do Alcalde, leva a que estes orzamentos saian aprobados agora ou dentro dun mes, dado que o requisito para tiralos abaixo implicaría un acordo de gobernabilidade entre forzas políticas sin coincidencias mínimas, polo que  anunciamos  que nos absteremos no pleno do próximo 23 de decembro aínda sabendo que estes non son os orzamentos que precisa A Guarda.  Cando menos remataremos cun debate ficticio no que o Alcalde e o grupo de goberno o único que pretenden e aparecer como vítimas e  así disimular  a súa incapacidade  para  xestionar o Concello de A Guarda.

 

Estamos convencidos que estamos  diante dun goberno esgotado e sin ideas,  o   BNG continuará traballando  coa sociedade guardesa para levar adiante  un proxecto con capacidade para ilusionar ao pobo da Guarda  máis cedo que tarde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones