Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Posicionamento sobre o Parque Eólico do Merendón que afecta á Comunidade de Montes de Santa María de Oia

No que respeta á cmvmc de Oia queremos deixar claro o noso posicionamento de non aceptar o uso do noso monte para a instalación e paso de infraestrutura para o P.E. do Merendón.

No que respeta á cmvmc de Oia queremos deixar claro o noso posicionamento de non aceptar o uso do noso monte para a instalación e paso de infraestrutura para o P.E. do Merendón.

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Noviembre de 2020

Fuente: CMVMC de Santa María de Oia

En pleno confinamento decretado polo estado de alarma debido á pandemia do COVID19 a Xunta de Galicia tramitou as autorizacións para a construción dos parques eólicos no Galiñeiro e serra da Groba. Asemade concedeuse autorización ao P.E. do Merendón o cal afecta ás comunidades de montes de Loureza, O Rosal e Santa María de Oia.

No que respeta á cmvmc de Oia queremos deixar claro o noso posicionamento de non aceptar o uso do noso monte para a instalación e paso de infraestrutura para o P.E. do Merendón. Seica os dereitos desta comunidade  non existen para a Xunta de Galicia, e facemos esta interpretación porque non contan coa nosa opinión ante feito de que a empresa adxudicataria veunos dicindo que ou aceptamos o proxecto ou hai expropiación. Para que o entenda mellor todo o mundo faremos un símil; “alguén quere facer unha casa, gústalle o terreo do veciño para facela e vai ao concello a sacar a licenza de obra, no concello danlla e logo vai xunta ao seu veciño a mercarlle a finca polo prezo que propón o comprador e senón lle acepta exprópialla.” Primeiro tería que haber comprado a finca despois sacar a licenza e facer a casa.

Certo é que a afección que sufrimos en termos cuantitativos é mínima, máis razón para non dar autorización e aceptar as formas tanto da administración como da empresa adxudicataria, formas escuras na tramitación das autorizacións cando os propietarios e colectivos sociais non podían (nin poden a día de hoxe) organizar xuntanzas informativas coa cidadanía para explicarlle o impacto destes proxectos cara o medio ambiente e ás economías locais. Unha tramitación con un claro obxectivo de minimizar a oposición social que puidera haber; tan trapalleira que nin respectaron a obriga que teñen as comunidades propietarias de levar ás asembleas un asunto tan importante como este. Porque unha comunidade como a nosa con 150 comuneiros/as non pode permitirse coa pandemia do covid19 celebrar unha asemblea e que se produza un só contaxio, as outras que fagan o que lle pete.

O que nos afecta é a servidume de defensa contra incendios, servidume de voo e servidume de camiño e gabias internas, “nin tan sequera nos entra  un muíño de 175m de altura, cun total de 2000m cadrados de formigón.” A nosa dignidade como comunidade non se avalía polas migallas que van deixando as multinacionais mentres se levan os beneficios a costa da destrución do territorio; estamos a favor das enerxías renovables, pero así non.

Nos tempos que corren de crise sanitaria (medioambiental) a CMVMC de Santa María de Oia está comprometida na loita contra o cambio climático, quen nos coñece ben saben da nosa política de respecto e protección hacia o medio ambiente, o noso compromiso coa recuperación do patrimonio e a aposta contundente polas enerxías renovables; por qué non se aposta pola enerxía solar térmica ou en parques fotovoltaicos de menor impacto paisaxístico e ambiental? Por qué non se incentiva que as comunidades de montes poidan facer os seus parques fotovoltaicos onde poderían subministrarlle electricidade de balde aos seus veciños/as e vender o excedente? Por qué non se aposta polo autoconsumo e produción nos fogares?

Xosé A. Rodríguez Álvarez.

Presidente da CMVMC de Santa María de Oia.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí