Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Praceiros e praceiras de Tui participan nun programa de formación e mentorización

Esta actuación, xunto á redacción do proxecto de reforma integral da Praza de Abastos, forma parte das accións desenvolvidas para lograr o selo do Mercado Excelente

Esta actuación, xunto á redacción do proxecto de reforma integral da Praza de Abastos, forma parte das accións desenvolvidas para lograr o selo do Mercado Excelente

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Diciembre de 2022

Fuente: Concello de Tui

Os e as praceiras do Mercado Municipal de Tui participaron nas últimas semanas nun programa de formación e mentorización levado a cabo polo Concello de Tui, a través da concellería de Comercio e Mercados. O obxectivo do concello de Tui con esta acción formativa é seguir avanzando pasos no camiño inicio para lograr o recoñecemento da praza tudense coma Mercado Excelente.  Máis aló deste programa tamén se levou a cabo a redacción do proxecto para a reforma integral do edificio.

Esta actuacións supoñen un investimento de 21.829 € dos que 13.160 € foron aportados pola Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia a través das subvencións para o impulso da Rede de Mercados Excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de Abastos.

En concreto o programa formativo desenvolvido ten por obxectivo a transformación estratéxica dos postos do Mercado de Tui, ofrecéndolles asesoramento personalizado sobre o actual escenario de consumo e preparándoos tamén para as novas tendencias de consumo. Entre os aspectos tratados estivo a mellora na xestión pero tamén o marketing visual do postos para facer máis atractivos, se cabe, a presentación dos produtos que xa contan cunha excelente relación calidade-prezo.  Así a formación levouse a cabo de xeito individual, visitando pola mañá cada un dos postos de carne, peixe, froitas, verduras, flores, … coma de xeito colectivo polas tardes con formación conxunta sobre distintos aspectos de xestión e sobre a elaboración dun plan acción que levar a cabo por cada praceiro e praceira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí