Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Preocupación no Grupo Municipal Socialista da Guarda pola obra no Camiño de Salgueiró

O Grupo Municipal Socialista ven de presentar por rexistro no Concello da Guarda un escrito instando ao Alcalde a paralizar as obras de mellora do Camiño de Salgueiró en Camposancos ata que non se contemple a acometida de pluviais en dita obra.

O Grupo Municipal Socialista ven de presentar por rexistro no Concello da Guarda un escrito instando ao Alcalde a paralizar as obras de mellora do Camiño de Salgueiró en Camposancos ata que non se contemple a acometida de pluviais en dita obra.

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Octubre de 2023

Fuente: PSOE A Guarda

Durante estas semanas estase a executar unha obra de cambio de firme de parte do camiño

de Salgueiró en Camposancos cunha axuda acadada polo anterior goberno socialista, dentro do Plan Marco da Xunta de Galicia. Esta subvención posibilitaría levar a cabo obras de mellora do firme, non estando permitido en ningún caso levar a cabo actuacións como por exemplo a acometida para evacuación de augas pluviais.

 

Dado que o anterior equipo de goberno era consciente da importancia de actuar nese camiño e conseguir unha solución ás inundacións que se teñen producido en múltiples ocasión nas

casas dos veciños e veciñas, solicitouse esa subvención e tíñase previsto complementala con fondos propios do Concello e solucionar dunha vez por todas dita problemática.

 

Xa durante o pasado pleno ordinario do 27 de setembro trasladamos ao equipo de goberno a nosa preocupación, que tamén nos transmitiron varios veciños e veciñas da zona, non obtendo por parte do Concelleiro de Vías e Obras unha resposta clara.

 

Dado que observamos, segundo vai transcorrendo a obra, que non se está acometendo ningunha instalación nin tubaxe específico para as augas pluviais, así como que as marcas de niveis e arquetas colocadas non son as axeitadas, e que abofé, complicarán aínda máis o problema nas casas, vémonos na obriga de solicitar ao alcalde da Guarda que paralice dita obra para que poda ser replantexada e se busque a financiación necesaria para solucionar o problema de evacuación de pluviais.

 

Esiximos que o alcalde reconsidere as actuacións do seu equipo e realice unha xestión acorde ao seu cargo, co fin de acadar unha solución urxente ao problema dos veciños e veciñas de Salgueiró.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí