Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preocupación no movemento asociativo de COGAMI ante o impacto do Coronavirus nas persoas con discapacidade

COGAMI pide que se teña en conta a vulnerabilidade das persoas con discapacidade.

A actual crise masiva de saúde pública está provocando unha crise social e económica de efectos devastadores para as persoas con discapacidade e familias.

Fecha: 27 de Mayo de 2020

Fuente: COGAMI

As 53 entidades que a conforman a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) expresan preocupación ante a situación de vulnerabilidade á que se ven afectadas moitas persoas con discapacidade e familias trala crise provocada polo COVID-19. Así o expresaron na xuntanza mantida na XXX Asemblea Xeral Ordinaria, que este ano tivo que ser on line, na que abordaron os efectos da pandemia do Coronavirus nas persoas con discapacidade, un colectivo xa de por si castigado nas crises precedentes, destacando a importancia dun traballo conxunto e un compromiso por parte das administracións para que ningunha persoa quede atrás na nova normalidade.

O colectivo de persoas con discapacidade ve incrementada a situación de indefensión a consecuencia das medidas de illamento decretadas e tralo peche dos centros ocupacionais, de día, sociais, educativos, xunto coa práctica desaparición das súas redes de apoio unidas ás consecuencias económico sociais do momento, comprometendo a súa saúde física e emocional, que non vai a maiores grazas ao traballo das entidades sociais que proporcionan os apoios para a cobertura de todas aquelas necesidades que nos trasladan.

O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, evidenciou "a capacidade de adaptación das nosas entidades permitiu a continuación da prestación dos servizos de atención a persoas con discapacidade e familias, aínda que utilizando fórmulas alternativas ás habituais, como a atención telefónica, as videochamadas, visitas a domicilios, entrega de medicación, compra de alimentos e o deseño e posta en marcha de plans de traballo para que as persoas poidan realizar dende as casas. Anxo Queiruga quixo destacar tamén "o esforzo e a implicación das entidades, profesionais, persoas usuarias e familias".

Ante a situación actual, para COGAMI é prioritario abordar o impacto do COVID dentro do noso colectivo, sendo necesario hoxe máis ca nunca salvagardar a seguridade e protección das persoas con discapacidade ás que lles hai que garantir o acceso a medicamentos, tratamentos e produtos sanitarios necesarios. É necesario deseñar protocolos a corto e de prevención nos centros de atención diúrna e dotalos de equipos de protección individual (EPIs) e test rápidos de COVID-19. Hai que protexer ás persoas con discapacidade, maiores e/ou con dependencia a través de coidados domiciliarios e faise necesario retomar as valoracións de dependencia e discapacidade e a xestión de prestacións.

Na asemblea de COGAMI tamén se expresou a urxencia de dar resposta ás necesidades das mulleres e nenas con discapacidade, sobre todo as máis vulnerables, como son as vítimas de violencia de xénero. Máis ca nunca viviuse a necesidade de rachar coa fenda dixital para aquelas persoas que non teñen nin competencias nin recursos para o uso das vías telemáticas e acadar solucións para as persoas que viven soas ou para aquelas que están illadas no medio rural. É, polo tanto necesario, o cumprimento da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade para garantir os dereitos e a protección das persoas con discapacidade.

De igual modo, COGAMI reclama a participación das persoas con discapacidade e familias, a través das súas organizacións representativas, nos plans de reconstrución social e económica que se desenvolvan tanto a nivel europeo, estatal e autonómico; e que non se recorte, segundo adiantou o Goberno, o recadado do IRPF que se destina para fins sociais.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones