Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRESENTACIÓN DA XXIV FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA EN VILA PRAIA DE ÁNCORA

Este ano, ademais, estrea declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia como recoñecemento a súa aposta pola gastronomía local e a un completo programa de animación.

Escolleuse a cidade de Vila Praia de Áncora para a presentación oficial desta festa gastronómica pola vinculación histórica e a importancia dos visitantes portugueses para o noso concello

Fecha: 30 de Junio de 2014

Fuente: www.aguarda.es

O pasado venres 27 de xuño, o Alcalde da Guarda, D. José Manuel Domínguez Freitas, e a Concelleira de Turismo, Dona Montserrat Magallanes, presentaron oficialmente en Vila Praia de Ancora a "FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA" que este ano celebra a vixésima cuarta edición os días 4, 5 e 6 de xullo.
Este ano, ademais, estrea declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia como recoñecemento a súa aposta pola gastronomía local e a un completo programa de animación.
Escolleuse a cidade de Vila Praia de Áncora para a presentación oficial desta festa gastronómica pola vinculación histórica e a importancia dos visitantes portugueses para o noso concello. A presentación realizouse durante a celebración da Festa do mar e da Sardiña, onde o Presidente da Cámara de Caminha, Miguel Alves, foi o encargado da apertura do acto.
A festa ten como protagonista a langosta pero acompañándoa hai unha variedade de produtos dun alto nivel culinario que veñen facendo as delicias dos paladares máis esixentes. Os presentes puideron degustar ó remate do acto a langosta e os máis dos 25 pratos mariñeiros.
A intervención do Alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, xirou en torno á importancia da festa gastronómica para o turismo da Guarda e agradeceu ao país veciño as facilidades para a organización da presentación nesta cidade. Tamén indicou que a festa naceu para promocionar a langosta e dende fai varias edicións mudou ofertando pratos mariñeiros para todos os gustos e petos. "Aínda que a raíña da festa segue a ser a langosta", como amosan os centos de quilos que se venden cada edición.
Rematou o acto convidando a todos os portugueses a que nos visiten na XXIV Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira no porto da Guarda e aproveiten para contemplar a desembocadura do río que nos une.
O recoñecido actor galego Sergio Pazo é o pregoeiro nesta ocasión que se celebrará a noitiña do venres 4 novamente na Praza do Reló como o primeiro acto da festa. A música galega e tradicional contará cun especial protagonismo e como xa é habitual contaremos con actividades para o entretemento e ocio dos visitantes. Este ano incorporouse á programación a tradicional Travesía a Nado Porto da Guarda, que se celebrará ás 12h do sábado a escasos metros da carpa da festa. Durante a fin de semana, a festa contará coa recoñecida Feira de Artesanía na rúa do Porto e o tren turístico que percorrerá as rúas da vila, entre outras moitas cousas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones