Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Presentación dunha nova fortaleza do XXVII que acredita a importancia do Baixo Miño na guerra con Portugal

O pasado mércores 11 de xaneiro a candidata de Podemos Tomiño Valentina Valderrey asistiu á presentación dun novo achado histórico que amplia o xa importante patrimonio cultural do concello

O pasado mércores 11 de xaneiro a candidata de Podemos Tomiño Valentina Valderrey asistiu á presentación dun novo achado histórico que amplia o xa importante patrimonio cultural do concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Enero de 2023

Fuente: Podemos Tomiño

Convidados polo xornalista e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Xurxo Salgado, a nosa candidata nas próximas municipais, Valentina Valderrey, asistiu,no Centro Tomiñés, á presentación dun novo achado que amplía o xa extenso patrimonio cultural do concello e que pon de manifesto a importancia do Baixo Miño na guerra con Portugal, cortando as incursións das tropas portuguesas cara a Tui.

O acto contou coa intervención da especialista Rebeca Blanco-Rotea quen confirmou a hipótese de Xurxo Salgado de que a fortificación no é de orixe medieval como apuntaron outros investigadores, senon do s. XVII.

 

O novo forte está situado nun lugar estratéxico de paso entre os complexos fortificados de Amorín e Goián. Os restos atopados poderían ser parte dunha gran estrutura defensiva e nela puido terse acuartelado en 1666 un exército de máis de 15.000 homes.”

 

Tamén destacan o mal estado do xacemento alterado pola intervención humana:

 

“O xacemento atópase moi arrasado como consecuencia posiblemente de feitos históricos que teñen que ver coa propia guerra e os procesos postdeposicionais que sufriu con posterioridade á mesma, relacionados coas actividades de explotación agroforestal do territorio. É por isto, que se considera urxente a súa notificación para que se inicie a protección e estudo deste espazo que permita conservar os escaos restos que se mantiveron no lugar”, destaca Rebeca Blanco-Rotea quen xa o remitiu á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a súa catalogación e protección

 

Ao acto estabamos convidadas todas as formacións políticas do concello. Cabe salientar a falta de interese do equipo de Goberno do Concello que nin a súa rexedora nin ningún representante acudiron á cita.

 

Queremos, dende Podemos Tomiño, agradecer a Xurxo Salgado e a Rebeca Blanco-Rotea polo traballo de investigación tan importante que desenvolven e por facernos partícipes destas novas de maneira tan clara e didáctica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí