Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Martes, 10 de Marzo de 2026

Presentación pública da Asociación para a recuperación da memoria histórica do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás

Domínguez Freitas destacou na súa intervención que a asociación nace con raices, as que puxeron hai anos persoas como Xoán Noia, Manuel Domínguez (Taxota), e todos aqueles que compuxeron a Comisión Cidadá dos anos 80 que deron dignidade á Fosa Común de Se

Domínguez Freitas destacou na súa intervención que a asociación nace con raices, as que puxeron hai anos persoas como Xoán Noia, Manuel Domínguez (Taxota), e todos aqueles que compuxeron a Comisión Cidadá dos anos 80 que deron dignidade á Fosa Común de Se

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Junio de 2021

Fuente: Asoc. Recuperación Memoria Histórica

Esta tarde tivo lugar, na Escola da Poza de Camposancos, a presentación pública da “Asociación para a recuperación da memoria histórica do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás”.

 

Domínguez Freitas destacou na súa intervención que a asociación nace con raices, as que puxeron hai anos persoas como Xoán Noia, Manuel Domínguez (Taxota), e todos aqueles que compuxeron a Comisión Cidadá dos anos 80 que deron dignidade á Fosa Común de Sestás. Destacou que é preciso documentar e dar a coñecer o que pasou no Colexio dos Xesuitas (Campo de Concentración de Camposancos) porque a tradición oral é laxa e cambia os feitos co paso do tempo. Por iso, dixo, imos recoller todos os documentos e materiais que teñan relación co Campo de Concentración e Fosa Común, e publicar canto teña interés e nos sexa posible. “ Xa temos ultimada unha Unidade Didáctica que faremos chegar ós centros de ensino” para que o coñecemento dos feitos empece en idade escolar. Rematou dicindo que o fin último é moi ambicioso: Crear en Camposancos un centro de interpretación dos campos de concentración franquistas.

 

Uris Guisantes, gran coñecedor da historia do Campo, destacou que a partir do 28 de outubro de 1937 comezaron a chegar centos de presos do Fronte Norte e de outros frontes da guerra. A chegada e saída de presos para outras prisións, máis as saída para ser fusilados ou “paseados” era constante, e segundo os nosos datos podemos falar de que por este Campo pasaron preto de 6000 presos. Seguiu afirmando que a Xunta Clasificadora de Presos era a encargada de ir fichando a todos os que entraban ata maio de 1938 e que chegou o Tribunal Militar Permanente N.º 1 de Xixón para axilizar os Consellos de Guerra Sumarísimos que se deron de xuño a setembro dese ano. Nese meses celebráronse 30 Consellos de Guerra e foron xulgados 513 presos. As penas impostas foron: 195 penas de morte, co resultado ce 155 fusilados e 40 pena de morte conmutadas; 83 penas de reclusión perpetua; 115 penas de 20 anos de reclusión; 50 penas de 15 anos; 8 penas de 12 anos; unha pena de 9 anos; 2 penas de 6 anos e 36 absolucións. E citou a Castelao, “ Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tan sequera son capaces de concivir...e na miña terra cumprirase a vontade dos mártires…”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí