Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preséntase o proxecto de reforma estética da Praza de Abastos da Guarda

Na tarde de onte, o Alcalde Antonio Lomba e os responsables do estudo Iván Cotado, presentaron ás praceiras e praceiros o proxecto de reforma estética da Praza de Abastos. Un proxecto que contará para a súa materialización con fondos do Plan Concellos da

Na tarde de onte, o Alcalde Antonio Lomba e os responsables do estudo Iván Cotado, presentaron ás praceiras e praceiros o proxecto de reforma estética da Praza de Abastos. Un proxecto que contará para a súa materialización con fondos do Plan Concellos da

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Junio de 2022

Fuente: Concello da Guarda

O Alcalde da Guarda facía a introdución á presentación que faría posteriormente o responsable do estudo de deseño encargado do proxecto de reforma, e destacaba que con esta fase culmínanse as obras de mellora deste espazo comercial tan emblemático da vila.

Tamén trasladou aos praceiros e praceiras presentes que se están ultimando os detalles para sacar a licitación os postos que están sen adxudicar na actualidade, e que sairán a concurso en condicións moi vantaxosas que podan facilitar o máximo posible que novos/as emprendedores/as se instalen no mercado. Esta é outra das accións que o equipo de goberno considera chave para revitalizar o mercado.

Iván Cotado foi o estudo de deseño elixido para desenvolver este proxecto, estudo que acuñou e rexistrou o termo “INteriorismo EStratégico®”, un concepto que engloba marketing e interiorismo e que ten como obxectivo captar e explotar a verdadeira identidade diferencial dos negocios para así deseñar espazos que falen o mesmo idioma da clientela.

Tanto para o Concello como para os deseñadores o mercado é un lugar cunha condición de edificio público e de tránsito que debe potenciar o encontro e a sociabilidade. Ao tratarse dun espazo cun marcado carácter funcional e loxístico, o reto estaba en ser quen de converter o mercado nun espazo máis humano, que puxera en valor o produto para converterse nun referente comercial e social do Concello da Guarda a través da súa revitalización comercial, pero sen perder a esencia do mesmo.

 As principais actuacións do proxecto serían:

-  A “limpeza” da estrutura do cableado, cartelaría e demais engadidos feitos ao longo dos anos, co obxectivo de reordenar todos os elementos que distorsionan a arquitectura e se substituirán os elementos de mobiliario existentes para que vaian acorde á nova intervención.

- Utilizar a iluminación como elemento que organiza os espazos e potencia os produtos. Uso de proxectores para poñer o foco no produto e iluminar de xeito lineal para bañar de luz as zonas de estancia.

- Mellora da organización espacial. Tómase a idea actual das cores que organizan as distintas áreas do mercado, e se amplían para crear novas áreas de descanso. Créase unha nova orde con zonas de tránsito e de descanso, utilizando a cor de xeito sutil e elegante.

- Introdución de vexetación como elemento de vida que rexuvenece ao mercado, o fai máis amable e atrae a novos tipos de clientela.

- Xeración de espazos para favorecer a socialización e potenciar o mercado como “praza cuberta”.

As persoas interesadas en coñecer o proxecto poden achegarse á planta alta do Mercado onde se encontran expostas as infografías do mesmo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí