Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preto de 120 mozas e mozos inician este luns 15 de marzo as actividades formativas do programa -tic emprendes- da Deputación

Tic Emprendes fomenta a formación e o emprendemento da xente máis nova para loitar contra o despoboamento nos concellos con maiores problemas demográficos

Tic Emprendes fomenta a formación e o emprendemento da xente máis nova para loitar contra o despoboamento nos concellos con maiores problemas demográficos

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Marzo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

 

Preto de 120 persoas de entre 16 e 30 anos, a maioría delas mulleres (74), participarán desde este vindeiro luns, 15 de marzo, nas primeiras seis actividades formativas do programa da Deputación “Tic Emprendes”, co que a institución provincial busca fomentar o emprendemento entre a xente máis nova dos concellos con menos habitantes da provincia a fin de frear o despoboamento. Estas accións se desenvolverán por primeira vez de xeito telemático debido á situación sanitaria e está previsto que en abril se inicien outras dúas novas accións formativas con outras 30 persoas participantes.

 

Máis polo miúdo, a actividade formativa con maior demanda é a do curso de márketing dixital, con dous grupos de 17 persoas, seguida da relativa á organización e xestión de almacéns, cun total de 30 alumnos e alumnas. O resto de cursos están enfocados ás novas tecnoloxías e abordan temáticas como a creación de contidos dixitais (imaxe, vídeo e videoxogos), con 19 alumnas e alumnos; a creación e xestión de tendas en liña (18) e as aplicacións móbiles (17 persoas). Doutra banda, en abril desenvolveranse outros cursos de márketing dixital e de venda de produtos e servizos turísticos.

 

Todas estas actividades, de carácter gratuíto, son parte do total de 26 accións enmarcadas nos 11 itinerarios formativos de que consta o programa “Tic Emprendes”, que se prevé que forme a un total de 390 mozas e mozos ata o ano que ven. A iniciativa está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e conta cun orzamento de máis de 700.000 euros.

 

O programa ten como obxectivos fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara o emprego e loitar contra o despoboamento, propoñendo alternativas que fixen a xente moza nas zonas con maiores problemas demográficos. En concreto, céntrase nos 31 municipios da provincia de Pontevedra que contan cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes ou, no seu defecto, entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo negativo na última década. Son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

 

En cada itinerario ofrécese formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a busca de emprego, e asesoramento para a creación da propia empresa. Ademais, o programa ten como metas que o 15% das persoas mozas participantes comecen unha iniciativa emprendedora, que o 30% obteña un emprego e que o 80% permaneza no seu lugar de residencia.

 

O programa, con contidos e actividades que poden consultarse na ligazón https://www.depo.gal/tic-emprendes, mantén aberta a inscrición para participar en próximas accións formativas que se irán desenvolvendo. Esta formación é gratuíta e as persoas interesadas poden acadar información no correo ticemprendes@depo.gal ou nos teléfonos 886 217 320 e 986 804 100 (extensión 47320).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí