Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Primeiro pleno telemático da historia do Rosal

Celebrarase este xoves 28 de maio ás 20.30 horas

Celebrarase este xoves 28 de maio ás 20.30 horas

Fecha: 27 de Mayo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Pleno histórico no Rosal. O Concello celebrará esta semana por primeira vez un pleno telemático que reunirá a todos os membros da corporación de forma virtual, garantindo así tanto a funcionamento habitual da actividade municipal como a toma de medidas de prevención fronte a unha crise sanitaria aínda vixente. A sesión realizarase a través da plataforma de administración electrónica Xestiona, unha ferramenta proporcionada pola Deputación de Pontevedra que permite e facilita a relación telemática tamén entre Administracións públicas.

O pleno terá lugar o vindeiro xoves 28 de maio ás 20.30 horas. Entre os temas que se levarán a esta sesión estará a aprobación do regulamento de funcionamento do Punto Limpo do Rosal que garanta a correcta xestión dos residuos urbanos reciclables. "O obxectivo é ofrecer un mellor servizo á veciñanza, axilizando o seu uso e ofrecendo aos rosaleiros e rosaleiras información sobre o que se debe botar ao Punto Limpo, como levalo ata alí ou en que cantidade", explica a concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, que salienta tamén que esta regulación permitirá "mellorar as taxas de reciclaxe de cara a acadar os obxectivos europeos".

Por outra banda, dende Alcaldía levarase a pleno unha proposta para solicitar á Xunta de Galicia a creación a través do Sergas dunha Unidade de Saúde Mental ambulatoria no Baixo Miño, como recurso básico de atención especializada na Mancomunidade. Este servizo atendería a unha poboación de 49.646 habitantes dos concellos da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui e a petición recolle que debería estar dotada cun persoal mínimo de 2 psiquiatras, 1 psicólogo e 1 enfermeira. Trátase dunha proposta que conta co apoio de todos os alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade do Baixo Miño e que se decidiu levar a pleno municipal en cada un dos concellos.

"As unidades de saúde mental de Cangas e Val Miñor son unha realidade, e a da Mancomunidade Condado-Paradanta xa deu os primeiros pasos para a súa creación. Non obstante, a pesar de recollerse no mesmo plan estratéxico de Saúde Mental 2006-2011, o do Baixo Miño permanece pendente e sen que exista data para o inicio da súa implantación. Nestes intres non existe unha atención suficiente e eficiente para os pacientes de saúde mental no Baixo Miño, que teñen que desprazarse a Vigo para ser atendidos", destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones