Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Programación da XXIV Feira do Viño do Rosal do 15 ó 17 de xullo

Toda a información de interese sobre esta Festa declarada de Interese Turístico de Galicia

Toda a información de interese sobre esta Festa declarada de Interese Turístico de Galicia

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Julio de 2016

Fuente: Concello de O Rosal

XXIV FEIRA DO VIÑO DO ROSAL
15, 16 e 17 de xullo de 2016

Este ano celebramos a XXIV Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.

Todas as adegas participantes pentencen a Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto a Subzona do Rosal, que abrangue ó Baixo Miño.


A novidade fundamental deste ano é que a Feira do Viño do Rosal consolídase definitivamente o 18 de marzo do presente ano ó ser declarada Festa de interese turístico en Galicia.


Isto é consecuencia do esforzo conxunto dos diferentes participantes directos ou indirectos da feira, da calidade dos nosos productos, do lugar de realización, un lugar accesible e aberto a todos e que pola distribución en si mesma, cadeiras, parasois, restauradores, bodegas....etc e as actividades paralelas que teñen lugar (exposicións, música, actuacións, eventos deportivos...etc.) faen moi atractivo para o público asistente a estancia no Rosal neses días.

A XXIV Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 15, 16 e 17 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

INAUGURACIÓNInauguración levarase a cabo o venres 15, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo.

Pola súa banda, o encargado de facer o pregón este ano será o comentarista gastronómico Jose María Toro Soler.

JOSÉ MARÍA TORO SOLER- Licenciado en Filosofía y Ciencias de la Educación, con la especialidad en Pedagogía Sistemática, alterna en Barcelona su vida laboral como analista de riesgo por la mañana y las letras por las tardes-noches.
- Creó su bitácora digital, www.bloghedonista.com en 2009, aunque sus inquietudes gastronómicas vienen de 25 años atrás. Fue entonces cuando en Barcelona tuvo su primera experiencia foodie con la alta gastronomía y los vinos de calidad. Desde entonces, no ha dejado de buscar platos, productos y vinos que le emocionen en este particular peregrinaje por restaurantes, tiendas delicatessen y bodegas.
Consolidado como un referente en cuestiones gastronómicas, el Blog Hedonista cuenta con una buena comunidad de seguidores en las tres principales Redes Sociales: Instagram (donde acumula más de 13.200 fans), Twitter (con más de 5.000) y Facebook, con cerca de 2.000. A mayores, dispone de un perfil en LinkedIn, en el que le siguen cerca de 1.000 personas.
Paralelamente a la elaboración de su blog, José María Toro Soler colabora activamente con Yelp Barcelona (una comunidad norteamericana de viajeros) y es el organizador de las catas del ‘Club del Vino' en Barcelona.
 

MELLORAS NO RECINTO FEIRAL


Unha das novidades deste ano e trala demanda reiterada de mesas, cadeiras e carpas é que este ano instalarase unha carpa de 10 x 25 metros na que se poderán acomodar ata 260 persoas en mesas.

Ademais realizarase unha nova distribución de mesas altas (barriles) e mesas e sillas, tratando de encher toda a praza con 100 mesas altas e 100 mesas baixas, tratando de mellorar o noso servizo.


Contarámos cun stand de información na praza do Calvario, na que un grupo de persoas voluntarias ofrecerán información sobre á feira, o seu horario, o servizo de autobús, e os lugares de interés do Rosal e arredores.

AMBIENTACIÓN MUSICAL

Venres, a partir das 22:00: Charanga CANTOS SOMOS
Sábado, a partir das 19.00 Folk Lareira
Sábado, a partir das 20:30 horas: Charanga VAI DE BAILE
Domingo, a partir das 20:30 horas: Charanga MOITA MARCHA

OUTRAS ACTIVIDADESEste ano repetiremos como nas pasadas edicións e despois da demanda xurdida ó longos destes anos de inchables e de obradoiros de maquillaxe para nenos e outras actividades paralelas para entreter ós máis pequenos.

Ademais contaremos cunha nova edición da 10K, andaina e carreira de nenos.

E como non, as exposicións culturais e filatélica que se organizan de xeito exitoso durante a celebración da feira do viño.

EXPOSICIÓNS do 15 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello

HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas

COLECTIVO SOMOSARTE: PINTURA e ESCULTURA do BAIXO MIÑO

XXIII MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO "VAL DO ROSAL"

O grupo filatélico quere lembrar este ano o 50 Aniversario do acordo de por en marcha a concentración parcelaria no noso concello cun cuño conmemorativo.

XXIV FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2016 HORARIO AUTOBUSES

SERVIZO DE TRANSPORTE Á FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

 

Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo de transporte entre A Guarda e O Rosal que este ano non será gratuito e terá un prezo de 1€ por viaxe.

Clic na imaxe para ampliar.

 

 

 

 

 


STANDS DA FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2016

1. Pedregales
2. Gaudila
3. Altos de Torona
4. Gran Novás
5. Quinta Couselo
6. Santiago Ruiz
7. Lagar de Cervera
8. Valmiñor
9. Terras Gauda
10. Quinta de la Erre
11. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
12. Ginabelle
13. Froitos do Rosal - Mirabel do Rosal
14. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas

GASTRONOMÍA

1. Restaurante Xantar
2. Restaurante As Brasas
3. Restaurante Trasmallo
4. O Telleiro
5. Mª Dolores Álvarez González.
6. Pastelería Montserrat
7. Pulpería Tere

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Venres, 15 de xullo

20.00 Inauguración a cargo do Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijoo

20.10 Lectura do pregón a cargo do comentarista gastronómico José María Toro

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22.00 Actuación da Charanga.

02:00 Peche da Feira

Sábado, 16 de xullo

11:00 Carreira de nenos

19:00 Grupo de Folk Lareira

21.00 Presentación do Acanor Atlético Novás.

21:30 Actuación da Charanga

02:00 Peche da Feira

Domingo, 17 de xullo

10::30 Andaina 10k

11:30 Carreira 10K

20:30 Actuación da Charanga

24:00 Clausura da Feira


 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí