Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PROGRAMACIÓN FESTAS DE SAN TELMO TUI 2013

Programación de actividades nas Festas de San Telmo 2013 en Tui

Fecha: 08 de Abril de 2013

Fuente: Anuncio Público

Programación de actividades nas Festas de San Telmo 2013 en Tui

 

Sábado, 30 de marzo

Ás 15.30h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas.

Ás 17h a charanga tudense Cantos Somos comeza a súa actuación polas principais rúas de Tui.

Ás 19h no Teatro Municipal na Área Panorámica solemne acto de coroación das raíñas das festas de San Telmo 2013 e lectura do pregón a cargo do tudense Rosendo Bugarín González. Actuación da Banda de Gaitas de Pexegueiro. Entrada libre.

Ás 20h inauguración da exposición colectiva "Imago Tude" na Sala de Exposicións Municipal.

Ás 21h Acendido do alumeado das festas

 

Domingo, 31 de marzo

Ás 8.30h tirada de bombas de palenque anunciando o comezo das festas

Ás  10h saída dende a Casa Forestal no P.N. do Monte Aloia da 2ª Andaina Saudable da Eurocidade Tui-Valença  polo sendeiro do "Rego da Pedra". Percorrido de 8 quilómetros de dificultade fácil. Tempo estimado 2 horas.  (Para aqueles que non coñezan o emprazamento da Casa Forestal quedarase ás 9.50h no Centro Interfederado de Tui)

Ás 15.30h nos terreos das antigas instalacións de Cam-Fran celébrase a V Proba Automobilística San Telmo 2013. Organiza: Concello de Tui, Amigos da Xincana e Comisión de Festas.

Ás 17.15h no Centro Sociocomunitario de Tui o grupo musical Tráfico amenizará unha tarde de baile.

Ás 18.00h no Teatro Municipal de Tui celébrase o "Festival Folclórico San Telmo 2013" coa participación dos grupos folclóricos "San Fins" de Rebordáns, "Santa Columba" de Ribadelouro, "Seixos Albos" de Areas, "San Xoán" de Paramos, "Inquendanzas" de Pazos de Reis, "O Mosteiro" de Pexegueiro e "Xuntanza" de Randufe. Entrada libre. Acada grupo actuará 15 minutos.

Ás 20.30h a orquestra Pontevedra amenizará a primeira verbena das festas no Paseo da Corredoira.

 

Luns, 1 de abril

Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, celébrase a VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Brave"

Ás 17.30h as raíñas das festas e as súas damas visitarán as residencias San Telmo e Paz y Bien acompañadas dun grupo folclórico  

Ás 20.15h no Teatro Municipal de Tui comeza a  V Semana do Teatro Afeccionado organizada pola concellería de Cultura de Tui coa actuación de "Garabullada Teatro" da Asociación  "Xuntanza" de Randufe pondo en escena "Un día de espías". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

 

Martes, 2 de abril

Ás 11h visita guiada polo conxunto histórico de Tui. Saída dende a S.I. Catedral.

Ás 10h inauguración dunha exposición de animais exóticos na Área Panorámica.

Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Madagascar"

Ás 21.15 h no Teatro Municipal actuación do grupo de teatro "San Fins" da Asociación Cultural "San Fins de Rebordáns representando a obra "Ratibrom" no marco da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

 

Mércores, 3 de abril

Ás 11h.30h celébrase no Claustro da S.I. Catedral o tradicional Concurso de Debuxo Festas de San Telmo

Ás 16.30h  no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, VIII Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Tadeo Jones"

Ás 21.15h no Teatro Municipal o grupo de teatro "Atalaia" do Centro Sociocomunitario de Tui leva a escena a obra "O cianuro, só ou con leite" dentro da V Semana do Teatro Afeccionado. Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

 


Xoves, 4 de abril

Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, proxección da película Hotel Transilvania na IX Semana de Cinema Infantil.

Ás 21.15h no Teatro Municipal de Tui o grupo de teatro "Caldemiños" da Asociación Cultural "A Insua" de Caldelas presenta a obra "O Ciridonio". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

 

Venres, 5 de abril

Ás 16.30h no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de Santo Domingo, clausura da IX Semana de Cinema Infantil coa proxección de "Blancanieves mirror mirror".

Ás 19h no Paseo da Corredoira celébrase unha nova edición do Karaoke Infantil.

Ás 21.15h no Teatro Municipal de Tui o grupo "Aloia Teatro" da Asociación Cultural "Aloia" de Pazos de Reis leva a escena "A vinganza da Petra". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

Ás 22h no Paseo da Corredoira Karaoke para adultos. Ao remate música con Kiko Carballo.

Ás 23:30 h na Cafetería El Pilar celébrase o Campionato de Tute Festas de San Telmo.

 

Sábado, 6 de abril

Ás 9h 21 bombas de palenque anunciarán o primeiro día grande das festas.

Ás 10.30h a charanga tudense  Cantos Somos iniciará a súa actuación polas rúas de Tui.

Ás 11h Xornada de Xogos Populares  Festas de San Telmo no Paseo da Corredoira. Xogos populares: canicas, comba, mariquitiña, goma, chapas. Organiza Concello de Tui, CRA Mestra Clara Torres e Comisión de Festas.

Ás 17h no Paseo da Corredoira terá lugar o "Torneo de Minitenis na rúa"  dirixido a público de todas as idades. Inscricións dende ás 16.30h. Obsequios para os participantes. Organiza: Club Tenis Tui.

Ás 17h no Claustro da S.I. Catedral celebrarse II Torneo de Xadrez Festas de San Telmo 2013. Categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluto. Máis información en www.xadreztui.org. Organiza: Club Xadrez Tui e Comisión de Festas. Colabora: Concellería de Deportes do Concello de Tui.

Ás 18h pasarrúas a cargo da charanga tudense Cantos Somos

Ás 20.15h no Teatro Municipal de Tui o grupo "Chirlomirlo Teatro" da Asociación "Xuntanza" de Randufe leva a escena a obra "O enfermo imaxinario". Entrada sen numerar 1,5€ á venda dende media hora antes do comezo da función no despacho de billetes.

Ás 22.30h verbena amenizada polas orquestras La Oca e Fania Blanco Show

 

Domingo, 7 de abril

Ás 9h 21 bombas de palenque anunciará o segundo día grande das festas

Ás 9h inicio I Campionato de Pesca Popular Trofeo Eurocidade. Saída dende o Centro Interfederado. Organiza: Sociedade de Pesca Reo Miño.

Ás 10.30h Celébrase a Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui -Thermalia. A liña de saída e de meta estará no Paseo da Corredoira. Circuíto urbano. Categorías dende pitufos a absoluta. Máis información en www.atletismotui.es

Ás 10.30h saída da Área Panorámica do Desfile Exaltación do Traxe Tradicional coa participación das raíñas e damas das festas, xunto a todo aquel que desexe lucir o traxe típico. Remate na S.I. Catedral. Organiza a Asociación Cultural e Xuvenil do Traxe Tradicional de Tui. Participarán os xigantes e cabezudos acompañados do grupo de pandereteiras "As d'Abadía" de Caldelas e o grupo folclórico "Refaixos e polainas" de Baldráns.

Ás 13h pasarrúas da Banda de Música Popular de Tui

Ás 19h a Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto no Paseo da Corredoira

Ás 20.30h inicio da verbena a cargo das orquestras Salsa Rosa e París de Noia

 

Luns, 8 de abril - Día de San Telmo (Festivo local)

Ás 9h 21 bombas de palenque anunciarán o comezo do día grande das festas.

Ás 10h na rúa Calzada, no barrio de San Bartolomé, celebración da "Feira dos Cabalos".  

Ás 11.30h saída dos xigantes e cabezudos dende a Área Panorámica ata a o Paseo da Corredoira.

Ás 11.30h actuación do grupo de gaitas "Lembranzas da Terra" de Guillarei no Paseo da Corredoira.

Ás 14h repique das campás da S.I. Catedral acompañadas dunha gran tirada de bombas de palenque.

Ás 18h entrada a Tui dende o Paseo da Corredoira da Banda de Guerra da Brilat-Galicia VIII.

Ás 18h no Teatro Municipal, na Área Panorámica, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar de Marín.  Entrada 3€. Venda de localidades media hora antes do comezo do concerto no despacho de billetes.

Ás 20h recital a cargo da orquestra Televisión.

Ás 21h inicio da solemne procesión de San Telmo dende a Catedral percorrendo as rúas de Tui.

Ás 23:30h espectacular tirada de fogos de lucería.

Ao remate actuará de novo a orquestra Televisión pechando as Festas de San Telmo 2013.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones