Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PROGRAMACIÓN MÚSICA NO CLAUSTRO DO 7 Ó 11 DE AGOSTO EN TUI

Durante cinco días, a música é a protagonista principal dun encontro artístico inderdisciplinar que da vida ao conxunto catedraliceo

Fecha: 10 de Agosto de 2013

Fuente: www.musicanoclaustro.com

A S. I. Catedral de Tui organiza unha nova edición de Música no Claustro. Durante cinco días, a música é a protagonista principal dun encontro artístico inderdisciplinar que da vida ao conxunto catedraliceo, tendo como escenario principal o claustro gótico, un marco arquitectónico e artístico cheo de historia e espiritualidade.

Xunto á música, diferentes propostas de danza, artesanía, moda, deseño, investigación musicolóxica e visitas guíadas, convivirán baixo o leitmotiv dos nove anos de Música no Claustro: a Creación Contemporánea con acento galego. Unha creación contemporánea liderada por aCadaCanto e o seu novo proxecto 'A Rosa d'Adina' en homenaxe a Rosalía de Castro.

Tras a apertura do ciclo dan man do zanfonista jazz Germán Díaz co seu 'Método Cardiofónico', atopamos entre outras propostas, o rap de Aíd, a poesía de Silvia Penas, a visita de Música en Compostela ou o proxecto 'Guitarra Clásica Galega' do guitarrista tudense Samuel Diz. Musicolóxicamente, a presentación da 'Historia da Música en Galicia' de Lorena López Cobas, o Proxecto Virtual de Recuperación do Patrimonio Musical Galego séculos XIX-XX con Milagros Bará Viñas, ou Marco Antonio de la Ossa (Premio Nacional Musicoloxía 2009) coa 'Música na Guerra Civil Española'. Xunto á artesanía de Elías González, Elena Ferro, Cabuxa ou Sanín, como experiencia única e exclusiva, as visitas guíadas nocturnas ao triforio e cuberta de Catedral á finalización dos concertos.

Agradecemos o apoio e compromiso dos nosos patrocinadores. O propio Cabildo da S. I. Catedral de Tui, a Concellería de Cultura do Concello de Tui, e como novidade nesta edición, a Xunta de Galicia, a través de Xacobeo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones